jueves, 18 de agosto de 2011

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

Como se nota que estades de vacacións!
Isaac foi o único que enviou o artigo sobre a excursión de fin de curso a Santiago. Pois aquí tedes como el viviu a derradeira saída deste curso.

O día 21 de xuño, fixemos unha excursión a Santiago de Compostela para ver a catedral; menos mal que uns días antes informámonos, sobre todo, do Pórtico da Gloria.
Cando chegamos alí a profesora de relixión púxonos ó corrente, e a min chamoume moito a atención un edificio que tiveron que enterrar porque era mais alto que a catedral.
Unha vez dentro observamos o Santo dos Croques, e dicir, o mestre Mateo axeonllado pedindo perdón. Tamén observamos o botafumeiro e a tumba cos restos do Santiago Apostol.Que pena que non lle pudemos dar un abrazo á escultura!
E por último vouvos contar unha anécdota coa que rimos moito, e foi que un amigo de 4º B chamado Luis Miguel, redimiuse dos seus pecados nun dos confesionarios da catedral.
Un saúdo a todos.
ISAAC



1 comentario:

  1. sofia yiria16/9/11, 10:30

    Cuando fuimos a santiago de compostelanos lo pasamos muy bien.Te hechamos de menos Luisa.

    ResponderEliminar