domingo, 22 de junio de 2014

A DERRADEIRA SAÍDA DESTE CURSO!!!

Nada mellor para rematar o estudo de ¨A nosa contorna¨ que percorrer os carreiros e  corredoiras do Cadaval. 
O Cadaval é un lugar onde ainda se poden ver canas que dan orixe ao seu nome, e  terreos cultivados que sobreviven á presión urbanística da zona de Reboreda. Este solo tardou moitos anos en formarse é preciso conservar se queremos ter un desenrolo sostible.
Comenzamos a mañán preparando os bocatas da merenda e a continuación saímos do colexio. Polo camiño, paramos varías veces para observar os cultivos de millo, patacas, hortalizas, viña e árbores froiteiras. Tamén vimos os regos e as pozas tan importantes para os cultivos de verán.
 O final do noso percorrido estaba a beira do río Alvedosa, no muiño do tío de Antía, alí merendamos e vimos o muiño por dentro. Despois de repor forzas fomos ver a ponte Xulián, paso obrigado dos carros cargados de cereais e viño que deixaron a súa pegada nas pedras do camiño. Logo tivemos tempo para xogar e  disfrutar dun enclave marabilloso.
Antes de recoller ainda nos agardaba outra sorpresa, co tío de Antía fixemos prácticas de tiro cunha escopeta moi singular: estaba feita de madeira con dúas pinzas de roupa por gatillo e disparaba gomas elásticas.
Pasámolo xenial!

Grazas á familia de Antía e ás nais que nos acompañástedes!!




1 comentario: