¿Qué significa ser un ou
unha deportista?
Hai cuestións que poder ter múltiples respostas en función da forma en que
o que responde pensa a vida. Creo que moitas veces buscamos respostas absolutas
cando non existe unha única realidade senón que a realidade é construída a
partir das palabras e do xeito de pensar das persoas.
Para min, un deportista non é so aquel que fai deporte.
Para min un deportista é aquel que ten un xeito de vivir respectuoso co
compañeiro, co rival, con entorno onde fai a práctica e, como consecuencia a
todo isto, o que é respectuoso consigo mesmo.
Un deportista é aquel que se coñece a si mesmo perfectamente, o que disfruta
cos demais consciente de que levarse mal coa xente implica facerse dano a un
mesmo e o que ten un modo de vida activo onde correr non significa cansarse senón
que significa estar mais vivo que nunca.
Fai uns días tivemos a sorte no cole de poder charlar con María Jesús Gestido, toda una campiona
de España de maratón (entre outras moitísimas mais xestas) que adornan un
palmarés desexado por calquera atleta.
O primeiro que nos gustou de María foi a súa timidez e humildade xa que
outros con moito menos se creen moito mais. Despois démonos de conta que María
ten que compaxinar o seu traballo e o coidado da súa filla cos duros
adestramentos, o que significa que é una auténtica loitadora cunha grande forza
de vontade. Díxonos que non corre por cartos senón que corre porque iso lle
causa pracer e lle axuda a sentirse mellor consigo mesma. Houbo quen lle
preguntou se odiaba a algún rival ou se tiña envexa das que, ás veces, lle
gañaban algunha carreira. Nese momento María pareceu estrañada pola propia
pregunta xa que na súa forma de entender o deporte non ten cabida a envexa ou o
odio, ela só corre para sentirse ben e para dar o mellor de si mesma e desta
forma, cando gaña (que é moitas veces), atópase cun premio extra que
complementa o gran premio que é facer deporte. María díxonos que ten claro que
vai seguir toda a vida facendo deporte porque é o motor que lle permite vivir feliz
e disfrutar dos seus.
Por todas estas cousas, os deportistas como María Gestido
non teñen nada que ver con esas “estrelas” do deporte que se pasean en caros
coches preocupándose mais de colares de ouro que dos valores do deporte. Esas
persoas non nos interesan. Os antipáticos, os que desexan o mal dos demais, os
que fan mofa do rival cando gañan e protestan cando perden, os que sempre teñen
queixa dos árbitros…eses non nos interesan.
Volve a pensar na pregunta inicial.
¿Qué significa ser un
deportista? Agora o temos
algo mais claro.
Quizais ser un deportista significa respectar a todos os rivais, querer ós
compañeiros e amar o deporte.
Quizais ser un deportista e esforzarse e nunca darse por vencido.
Quizais ser un deportista é ser como María Gestido!
Miguel
GRAZAS MARÍA!
GRAZAS A FAMILIA DE DAVID
Os papás de David dámosvos as grazas a vos (profesores e director) por facer posible a súa visita e por acollela tan ben. Grazas tamén a María por roubar un anaquiño do seu tempo para acercarse os nenos do colexio de Reboreda e compartir con eles algunhas das súas experiencias,e animalos a practicar deporte pero sen olvidarse dos estudios...
ResponderEliminarGrazas María por vir a facernos unha visita
ResponderEliminarMoitísimas grazas polo gran acollemento. Recordei a miña infancia e sentinno como un momento moi especial.
ResponderEliminarLembrade como ben vos dixo o voso profesor Miguel que o difícil é romper coa pereza, dar o primeiro paso, logrado ísto o resto é máis sinxelo aínda que sin esforzo é moi complicado acadar calquer obxectivos que nos propoñamos na vida.
Ánimo e a por moitos obxectivos.
Un pracer e bicos para todos.