As bibliotecas de Redondela impulsan unha
campaña de recollida de alimentos e produtos de primeira necesidade que
se destinarán a Cáritas Redondela. A campaña comezará o venres 24 de
outubro, por ser este o Día da Biblioteca, e rematará o 28 de novembro
ou ata que se esgoten as existencias.
"Libros solidarios" é o lema
desta campaña de intercambio de libros por alimentos, na que participan
as bibliotecas municipais, a biblioteca do Círculo Cultural Recreativo
de Chapela e as bibliotecas dos CEIP de Quintela, Santo Paio de Abaixo,
Alexandre Bóveda, Laredo, do CEP Santa Mariña e dos IES Chapela e
Mendiño. Todos estos centros son os puntos de intercambio.
A iniciativa está aberta a calquera cidadán que queira colaborar e,
nos centros de ensino particularmente ás súas comunidades escolares,
cambiando alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene, tanto
persoal como para o fogar, polos libros que encontrarán expostos nos
distintos centros de intercambio. Os visitantes collerán o libro ou
libros do seu interese e deixarán a cambio os produtos nos recipientes
colocados para tal efecto.
Fonte: Radio Redondela
libros solidarios - Movie Maker
Nós tamén nos unimos a esta campaña e hoxe fomos a intercambiar alimentos por libros. Ainda quedan libros polo que a campaña vai durar ata o fin das existencias.
Unha vez, máis grazas familias pola vosa colaboración!
libros solidarios - Movie Maker
Lévomo a voz natura
ResponderEliminar