jueves, 24 de mayo de 2018

ERROS A EVITAR CANDO FAS UNHA PRESENTACIÓN DIXITAL

Agora que andades atarefados creando o powerpoint para c. sociais é hora de darvos algunhas indicacións importantes para que a vosa presentación sexa un éxito. Estas indicacións podedes atopalas de xeito máis pormenorizado no blog justificaturespuesta. Pero, as ideas principais coas que debedes quedarvos son:

1. A importancia da letra que escollas. Debe lerse ben, estar nun bo tamaño para que a xente que vos escoite poida lela e onde se diferencie ben o contido do título. Coidado coa negrita. Esta serve para resaltar algún dato importante, non debedes facer un abuso da mesma. O ideal é poñer pouco texto na diapositiva. Estas son un apoio a presentación oral, non o esquezades. O mellor truco é que cando a teñades a proxectedes, vos colocades no final da aula e a vexades completa. Vos sodes o mellor público para decidir que está ben e que sobra.
2. Usade a cor e o subraiado con criterio, é dicir, podo usar unha cor para o título, entón todos os títulos serán iguais. Debedes ser coherentes non encher a diapositiva de raias e cores. Sei que é tentador usar todos os accesorios que veñen no programa pero debedes usar a cabeza e usar as animacións, cores, títulos, iconas... con sentido común ("menos é máis"), ademais, estades empezando así que lembrade "non se pode correr antes de andar".

3. Unha diapositiva non se presenta para decorar, debe dar información e axudarnos a entender o que alguén nos está contando. Lembrade isto á hora de escoller as imaxes que poñedes ou o texto que acompañada.
4. Cuidado cos fondos. O fondo ten que deixarnos ler o texto e ver as imaxes con claridade, senón debedes escoller outro fondo. Lembrade a información e as imaxes son prioritarias, o fondo é secundario.
5. Unha diapositiva non é unha lista da compra. Non se trata de poñer unha serie de datos sen sentido ou resumir tanto que nos quede unha lista. Moitas veces unha imaxe dalle máis sentido as nosas palabras, un gráfico, unha liña do tempo... e o texto xa non fai falla porque a nosa voz completa a información. 
6. Os títulos son moi importantes. Lembrade o que falamos sempre, as carpetas de windows. Necesitamos ordear a información e os títulos nos axudan a ter organizadas as ideas e os datos, non o esquezades.





No hay comentarios:

Publicar un comentario