A semana pasada ultimamos detalles para levar a cabo a entrevista a Ana María González Noya. Os equipos encargáronse de facer as preguntas e despois de facer unha posta en común escollemos ás que máis nos gustaron. Despois preparamos unha entradilla e a despedida.
E así nos quedou:
ENTREVISTA A ANA
MARÍA GONZÁLEZ NOYA
Presentación:
Bos días Ana María:
Somos… en representación
dos 30 alumn@s de sexto que estamos levando a cabo este proxecto.
Despois de poder contactar con vostede é un honor poder
tela cara a cara para poder facer esta entrevista que tanto esperamos. Tamén
queremos darlle as grazas por facernos un oco na súa apreta axenda.
No noso centro temos un
proxecto sobre a física e a química. As profes dixéronnos que escolleramos unha
científica galega e nos escollemola porque:
-
buscabamos
unha muller galega que fose especialista
en ciencia e xénero
-
debía ser
alguén relacionado co campo da química ou da física
-
e ademais
debíamos ter en conta que este ano é o 150 aniversario da táboa periódica.
E cremos
que vostede é a persoa máis axeitada.
Sen máis, se vostede nos
da permiso podemos comezar.
1. Cando naceches e onde?
2. Houbo algún
antecedente familiar que se adicase á química?
3. Tiveches apoio da túa familia á hora de escoller
unha carreira de ciencias?
4. Sendo docente e investigadora, podes compaxinar a
túa vida laboral coa familiar?
5. Cantos horas lle adicas ao teu traballo
diariamente?
6. Algunha vez
te menospreciaron polo feito de ser muller?
7. Cantas
mulleres érades na carreira?
8. Alguén che
dixo que elexiras outra carreira polo feito de ser muller?
9. Estas dacordo coa pariedade?
10. Que debe facer a escola para que as rapazas sigan
a súa vocación sen ter en conta o sesgo de xénero?
11. Dende a perspectiva de xénero onde percibiches
maiores diferenzas, en Galicia ou Londres?
12. Que che impulsou a involucrarse nun proxecto de
ciencia e xénero?
13. Que te move para crear material didáctico?
14. Que proxectos tes en mente para o futuro?
15. Cal foi o maior desafío científico ao que te
afrontaches?
16. Tes algunha actividade en mente para celebrar o
150 aniversario da táboa periódica?
17. Que lle parece que uns estudantes de educación
primaria esteamos a facer un proxecto sobre muller e ciencia?
DESPEDIDA:
Agora que xa temos algo
máis de información sobre vostede gustaríamos poder usala para diferentes
actividades, entre elas queriamos facerlle un artigo na Galipedia se nos da o
seu permiso (esperar a resposta), tamén, se non lle importa, gustaríamos seguir
en contacto con vostede para completar a información e para darlle conta das
actividades que vaiamos levando a cabo. Grazas pola súa atención, esperamos que
este non sexa o último contacto que teñamos con vostede.
ABURIÑO
No hay comentarios:
Publicar un comentario