miércoles, 20 de febrero de 2019

FACENDO VISIBLES ÁS INVISIBLES 4

Despois de varias semanas vendo o papel da muller na ciencia, tocou poñernos mans a obra e adicarnos xa de cheo a científica que imos traballar este trimestre. Escollemos a Ana María González Noya, especialista en bioquímica e catedrática da USC. Ten varias publicacións entre a que destacamos a Guía dos Elementos Químicos en galego.
O venres vimos unha entrevista dela, ao rematar cada equipo elaborou, por unha banda, o mail para pornos en contacto, por outra, as posibles preguntas.


Despois de ver o traballo de cada equipo fixemos unha posta en común e escollemos que partes debían formar o mail definitivo. Finalmente,un membro de cada equipo foi o encargado de escribir o mail que lle enviamos: 

Exma. Sra Ana María González Noya:
Somos as aulas de sexto do CEIP REBOREDA, en Redondela, Pontevedra.
Referímonos a vostede para pedirlle humildemente unha entrevista da súa vida profesional xa que este ano estamos traballando un proxecto adicado a "Física e a Química".
Neste trimestre en concreto estamos a desenvolver un proxecto chamado "Facendo visibles ás invisibles" isto trátase de, coma ben di o nome, visibilizar ás mulleres que sendo tan importantes coma os homes non están presentes nas aulas da educación primaria.
Elexímola a vostede porque sabemos que traballa na Facultade de Química en Santiago e buscando referentes atopamos que elabora  material relacionado coa didáctica da química achegándoa aos alumn@s e ademais faino aplicando a igualdade de xénero.
Se este correo chega ata as súas mans e nos responde utilizaríamos a información para distintos proxectos. O noso obxectivo é coñecer as súas investigacións no mundo da química e dar visibilidade ao traballo feminino neste campo.
Na rede non hai moita información sobre vostede
Para levar a cabo esta entrevista pensamos en facelo mediante videoconferencia pero estamos abertos a outras opcións.
Sería todo un honor que nos respondese.
Grazas pola súa atención xa que somos conscientes de que é unha muller ocupada.
Agardamos a súa resposta.Un saúdo

No hay comentarios:

Publicar un comentario