jueves, 28 de febrero de 2019
TEMPO DE ENTROIDO
Estamos en tempo de festa, e todo festa precisa música.
Dámoslle unha volta as nosas coreografías?
miércoles, 27 de febrero de 2019
FACENDO VISIBLES ÁS INVISIBLES 5
A semana pasada ultimamos detalles para levar a cabo a entrevista a Ana María González Noya. Os equipos encargáronse de facer as preguntas e despois de facer unha posta en común escollemos ás que máis nos gustaron. Despois preparamos unha entradilla e a despedida.
E así nos quedou:
ENTREVISTA A ANA
MARÍA GONZÁLEZ NOYA
Presentación:
Bos días Ana María:
Somos… en representación
dos 30 alumn@s de sexto que estamos levando a cabo este proxecto.
Despois de poder contactar con vostede é un honor poder
tela cara a cara para poder facer esta entrevista que tanto esperamos. Tamén
queremos darlle as grazas por facernos un oco na súa apreta axenda.
No noso centro temos un
proxecto sobre a física e a química. As profes dixéronnos que escolleramos unha
científica galega e nos escollemola porque:
-
buscabamos
unha muller galega que fose especialista
en ciencia e xénero
-
debía ser
alguén relacionado co campo da química ou da física
-
e ademais
debíamos ter en conta que este ano é o 150 aniversario da táboa periódica.
E cremos
que vostede é a persoa máis axeitada.
Sen máis, se vostede nos
da permiso podemos comezar.
1. Cando naceches e onde?
2. Houbo algún
antecedente familiar que se adicase á química?
3. Tiveches apoio da túa familia á hora de escoller
unha carreira de ciencias?
4. Sendo docente e investigadora, podes compaxinar a
túa vida laboral coa familiar?
5. Cantos horas lle adicas ao teu traballo
diariamente?
6. Algunha vez
te menospreciaron polo feito de ser muller?
7. Cantas
mulleres érades na carreira?
8. Alguén che
dixo que elexiras outra carreira polo feito de ser muller?
9. Estas dacordo coa pariedade?
10. Que debe facer a escola para que as rapazas sigan
a súa vocación sen ter en conta o sesgo de xénero?
11. Dende a perspectiva de xénero onde percibiches
maiores diferenzas, en Galicia ou Londres?
12. Que che impulsou a involucrarse nun proxecto de
ciencia e xénero?
13. Que te move para crear material didáctico?
14. Que proxectos tes en mente para o futuro?
15. Cal foi o maior desafío científico ao que te
afrontaches?
16. Tes algunha actividade en mente para celebrar o
150 aniversario da táboa periódica?
17. Que lle parece que uns estudantes de educación
primaria esteamos a facer un proxecto sobre muller e ciencia?
DESPEDIDA:
Agora que xa temos algo
máis de información sobre vostede gustaríamos poder usala para diferentes
actividades, entre elas queriamos facerlle un artigo na Galipedia se nos da o
seu permiso (esperar a resposta), tamén, se non lle importa, gustaríamos seguir
en contacto con vostede para completar a información e para darlle conta das
actividades que vaiamos levando a cabo. Grazas pola súa atención, esperamos que
este non sexa o último contacto que teñamos con vostede.
ABURIÑO
martes, 26 de febrero de 2019
TALLERES DE ROBÓTICA
Unha semana máis os compañeiros de terceiro subiron a nosa aula para participar nos talleres de robótica.
Esta semana rematamos a primeira quenda.
A próxima descansamos para celebrar o entroido, pero a volta iniciaremos novas sesións.
De momento aquí vos deixamos a última.
lunes, 25 de febrero de 2019
FELIZ DÍA DE ROSALÍA!
Onte foi o día de Rosalía de Castro. Unha gran poeta galega moitas veces infravalorada.
Un muller única do seu tempo e este ano que estamos falando tanto das mulleres non podía faltar a homenaxe a nosa gran dama das letras galegas.
Quero compartir convosco esta falcatruada que atopei na rede e que me pareceu fantástica.
viernes, 22 de febrero de 2019
SEMANA DA CIENCIA
Dentro do desenvolvemento do PDI "Física e Química que estamos levando a cabo este ano e coordinado pola biblioteca, esta semana tivemos unhas xornadas de ciencia en vivo no cole da man da organización cienciaenmovimiento.
Houbo talleres e actividades para os alumnos dende terceiro ata sexto.
Aquí vos deixamos un resumo das actividades para que vexades coma nos foi.
E aquí vos deixamos un pouco máis:
jueves, 21 de febrero de 2019
BAÑO SONORO
O pasado día 13 o centro fixo unha xornada de portas abertas e os alumnos de sexto B fomos os encargados do Baño Sonoro cos que lles demos a benvida ao noso centro as novas familias.
Guiados pola profe Isa e despois de moito traballo previo aquí tedes o resultado.
Mirade que pasada!!!
miércoles, 20 de febrero de 2019
FACENDO VISIBLES ÁS INVISIBLES 4
Despois de varias semanas vendo o papel da muller na ciencia, tocou poñernos mans a obra e adicarnos xa de cheo a científica que imos traballar este trimestre. Escollemos a Ana María González Noya, especialista en bioquímica e catedrática da USC. Ten varias publicacións entre a que destacamos a Guía dos Elementos Químicos en galego.
O venres vimos unha entrevista dela, ao rematar cada equipo elaborou, por unha banda, o mail para pornos en contacto, por outra, as posibles preguntas.
Despois de ver o traballo de cada equipo fixemos unha posta en común e escollemos que partes debían formar o mail definitivo. Finalmente,un membro de cada equipo foi o encargado de escribir o mail que lle enviamos:
Somos as aulas de sexto do CEIP REBOREDA, en Redondela, Pontevedra.
Referímonos a vostede para pedirlle humildemente unha entrevista da súa vida profesional xa que este ano estamos traballando un proxecto adicado a "Física e a Química".
Neste trimestre en concreto estamos a desenvolver un proxecto chamado "Facendo visibles ás invisibles" isto trátase de, coma ben di o nome, visibilizar ás mulleres que sendo tan importantes coma os homes non están presentes nas aulas da educación primaria.
Elexímola a vostede porque sabemos que traballa na Facultade de Química en Santiago e buscando referentes atopamos que elabora material relacionado coa didáctica da química achegándoa aos alumn@s e ademais faino aplicando a igualdade de xénero.
Se este correo chega ata as súas mans e nos responde utilizaríamos a información para distintos proxectos. O noso obxectivo é coñecer as súas investigacións no mundo da química e dar visibilidade ao traballo feminino neste campo.
Na rede non hai moita información sobre vostede
Para levar a cabo esta entrevista pensamos en facelo mediante videoconferencia pero estamos abertos a outras opcións.
Sería todo un honor que nos respondese.
Grazas pola súa atención xa que somos conscientes de que é unha muller ocupada.
Agardamos a súa resposta.Un saúdo
martes, 19 de febrero de 2019
CANAL DE EXPERIMENTOS O MANANTIAL
Volvemos!!! Un curso máis poñemos en marcha o noso canal de experimentos pero este ano temos unha novidade, non imos facer experimentos químicos coma o curso pasado, este ano imos adicarnos a física. Este é unha modalidade coa que se experimenta menos pero que é, igualmente, moi interesante. Cada semana un dos nosos equipos enfrontarase a un reto físico, comezan María e Iago facendo unha torre de garfos.
REMATAMOS COAS TOMAS FALSAS
REMATAMOS COAS TOMAS FALSAS
lunes, 18 de febrero de 2019
TALLERES DE ROBÓTICA 3
Unha semana máis os alumn@s de terceiro compartiron connosco unha sesión de robótica. En so 3 semanas os progresos son incribles!!!
viernes, 15 de febrero de 2019
UN MUSEO CIENTÍFICO PARA TODAS AS IDADES
Fonte: Radio Redondela
O Multiúsos de Arcade acolle este sábado o día
grande da Semana da Ciencia que se está a desenvolver no concello de
Soutomaior coa colaboración da entidade Ciencia en Movemento, un grupo
de científicos que de xeito ameno e divertido trasladan a nenos, e non
tan nenos, a ciencia e todos os seus misterios.
Baixo o eslogan "prohibido non
tocar" o Multiúsos de Arcade converterse durante un día nun museo
cargado de experimentos sinxelos que permitirán aos que ata alí se
acheguen coñecer dun xeito práctico e ameno como funcionan algúns
principios básicos da ciencia. Un museo itinerante recomendado a nenos e
nenas dende 5º de primaria ata 2º de bacharelato pero que esperta tamén
o interese dos maiores.
Celebraranse tamén dous obradoiros "Fire" no que os participantes
xogaran con experimentos nos que se precisará do lume para comprender o
seu funcionamento e Kids un obradoiro práctico con multitude de
experimentos xerais con globos,confetti, carreiras de latas e auga que
non cae.
Xa as 20:00 horas haberá unha mesa redonda sobre as vocacións
científicas con Leticia Costas,Paula Rodiño e Xiana Alfaya e pechará a
xornada o espectáculo Da palanca ao láser ás 21:30 horas.
IMOS AO GADIS E AO MEIRANDE
Esta semana os sextos volvemos saír.
Nesta ocasión fomos facer un taller de alimentación saudable no Gadis para coller inspiración para Galiciencia.
Despois, e aproveitando que tivemos que coller autobús para ir a Vigo, visitamos o Meirande para completar a información que estamos traballando en ciencias sociais.
Foi un día intenso no que aprendemos unha chea de cousas!
jueves, 14 de febrero de 2019
FACENDO VISIBLES ÁS INVISIBLES: ACHEGÁNDONOS A NOSA CIENTÍFICA
Seguimos co noso proxecto do venres.
Nesta ocasión tocou investigar, descifrando as pegadas, quen é a científica sobre a que imos traballar este trimestre.
Para iso cada equipo tivo que dividirse: uns participaban no xogo das científicas, outros eran o equipo gráfico e os últimos o equipo de investigación.
O XOGO DAS CIENTÍFICAS
Na páxina de muller e ciencia atopamos este curioso xogo de mesa onde cada carta é unha muller científica. Cada xogador debe formar 3 laboratorios para poder ganar a partida. O gañador de cada partida consegue un privilexio para o equipos dos científicos así que hai que xogar moi concentrados.
O EQUIPO DE DESEÑO GRÁFICO
Este grupo encargouse de elaborar os carteis para o corredor para conmemorar a celebración do Día da Muller e Ciencia que se celebra o 11 de febreiro.
OS INVESTIGADORES
O resto dos integrantes de cada equipo debían seguir as pistas para completar a ficha de aproximación á científica sobre a que imos investigar.
POSTA EN COMÚN
Finalmente, cada equipo deseñou unha serie de actividades para poder desenvolver o proxecto deste trimestre e puxémolas en común.
Un traballo en equipo con subequipos, tarefas diferentes, cooperación y moita diversión.
Senón mirade!!!miércoles, 13 de febrero de 2019
TALLERES DE ROBÓTICA 2
Os compañeiros de terceiro, unha vez máis, viñeron a nosa aula para traballar robótica.
Durante catro semanas os talleres serán iguais, de xeito que cada equipo pase por todos os talleres e todos os grupos poidan traballar a robótica dende 4 puntos de vista distinto.
Así foi a sesión desta semana.
martes, 12 de febrero de 2019
CIRCUITOS ELÉCTRICOS
Este trimestre estamos traballando o tema da electricidade e magnetismo na aula.
Por parellas preparamos a información teórica e agora é momento de pasar á práctica.
Cada parella preparou circuitos simples con diferentes elementos, algúns con máis éxito ca outros.
Despois, A e B, xuntámonos para seguir experimentando.
lunes, 11 de febrero de 2019
MÁIS SOBRE MULLER E CIENCIA
Xa levamos visto, lido e falado destes datos pero non está de máis recordalos nesta data.
E, ademais...
Achegámonos a algunhas mulleres que destacaron no eido científico? Algunhas xa vos soan, outras seguro que non.
E, ademais...
Achegámonos a algunhas mulleres que destacaron no eido científico? Algunhas xa vos soan, outras seguro que non.
viernes, 8 de febrero de 2019
FACENDO VISIBLES ÁS INVISIBLES 2: MURAL DA MULLER E A CIENCIA
OS VENRES MOLAN!!!
Pasamos un par de semanas preparando un mural sobre "A muller e a ciencia", primeiro fixemos un xogo onde debiamos relacionar cada científica co seu descubrimento, despois escollemos a unha desas científicas e preparamos a súa biografía e memorizamos os datos para poder aprendelo teoricamente.
E despois de escoitar as biografías foi a quenda de demostrar todo o que sabiamos así que fixemos un kahoot. Aquí volo deixo por se queredes xogar na casa. Clicade na imaxe.
Para poder xogar debemos escoller a forma CLASSIC, logo tedes que baixar a app de kahoot ao móvil ou a tablet, poner un nome (nickname) e o código do xogo.
lunes, 4 de febrero de 2019
TALLERES DE ROBÓTICA
Arrancamos un curso máis coas nosas sesións de robótica.
Durante o segundo trimestre imos compartir e repasar o que xa sabemos cos nosos compañeiros de terceiro que inician este ano esta materia.
Para iso, cada martes nos acompañarán na aula e levaremos a cabo 4 talleres simultáneos. Por equipos, os maiores tutelaremos aos pequenos nos seus primeiros pasos nesta disciplina.
Así foi a primeira sesión:
viernes, 1 de febrero de 2019
DÍA DA PAZ
O pasado mércores día 30 todos os centros celebramos o Día da Paz.
Este ano os alumn@s de sexto fomos os encargados de facer o manifesto e logo, todos xuntos, cantamos a canción seleccionada para esta celebración. Este ano cada curso encargábase de interpretar unha estrofa, nos escollemos facela en lingua de signos.
Ademais, 4º, 5º e 6º vimos unha curta:
Despois cada aula levou a cabo debate sobre a mesma, e estas foron algunhas das conclusións dos alumn@s de sexto:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)