jueves, 24 de octubre de 2019

PRIMEIRA SAÍDA, PRIMEIRA ACTIVIDADE VOZ NATURA

LIMPEZA NA PRAIA DE CESANTES

Xa estamos listos para comezar as nosas fazañas medioambientais e nun curso coma este onde queremos acabar co plástico dos nosos océanos que mellor xeito que comezar facendo unha limpeza na praia onde os nosos alumn@s van pasar os días de verán?
 Contactamos co colectivo Alecrín para levar a cabo unha limpeza guiada e o máis produtiva posible e non podiamos ter feito mellor elección. Ana, a nosa monitora contounos unha chea de cousas sobre a praia de Cesantes, a súa biodiversidade e coma o vento dispón os residuos da praia nun lugar ou noutro segundo sopre. Tamén comprobamos o deterioro sobre a duna e coma as nosas acción teñen un impacto directo no medio. Logo organizámonos en equipos e comezamos a recollida nas algas acumuladas na beira. Ao principio parecía que a praia estaba bastante limpa pero en canto empezamos a separar algas atopamos de todo. 
Foi unha maña moi produtiva. Ao rematar, sentámonos para analizar os nosos achados e sacar conclusións en equipo. 
E isto é so o inicio.
Seguide atentos porque este ano imos plantar batalla ao cambio climático! 


No hay comentarios:

Publicar un comentario