miércoles, 3 de octubre de 2018

SCRATCH DAY

O vindeiro 20 de outubro terá lugar na Cidade da Cultura o IV Scratch Day, organizado polo CPETIG coa colaboración da Amtega, dirixido a escolares de entre 7 e 15 anos que deben asistir acompañados polo seu pai ou nai. Nesta edición, a rapazada aprenderá a programación dun videoxogo no ordenador. Solicitamos a maior difusión posible entre o alumnado. As familias interesadas poden inscribirse en http://scratchday.cpetig.gal

O IV Scratch Day ten como obxectivo difundir os valores da programación informática entre os nenos e os seus pais, de xeito que os participantes poden acceder ao mundo da programación de forma lúdica e divertida, tomando conciencia da potencia desta ferramenta como medio de expresión de ideas e vehículo para o emprendemento. Asemade, o CPETIG pretende que esta iniciativa contribúa a eliminar mitos en relación á programación informática e a superar desde a infancia os estereotipos de xénero sobre este área do coñecemento, difundindo as posibilidades que ofrecen as TIC e reducindo a fenda dixital.

O CPETIG concibe esta formación no contexto da familia por considerar decisiva a implicación dos pais e as nais neste ámbito, como apoio e motivación para que os seus fillos se sintan atraídos cara á programación informática, de xeito que esta actividade non sexa unha excepción, senón o principio dun labor a seguir no fogar.

Requerimentos
A sesión estará dedicada á programación de videoxogos, sendo preciso que os asistentes leven o seu portátil, xa que non serven tablets ou smartphones.
A formación do Scratch Day será impartida pola Asociación Programamos, dedicada a promover o desenvolvemento do pensamento computacional en todas as etapas escolares, a través da programación de videoxogos e aplicacións para móbiles.

No hay comentarios:

Publicar un comentario