Ademais dos talleres de cociña, na nosa festa houbo moitas outras actividades.
A profe Luisa encargouse de preparar dous talleres para facer xabóns e perfumes, por outra banda, os alumnos que xa sabían ensinaron aos seus compañeiros a facer pulseiras de macrané.
Plantamos plantas aromáticas grazas a Guille, fixemos unha carreira por relevos de dicionarios buscando termos relacionados co outono e, finalmente, unha busqueda do tesouro otoñal.
Unha chea de actividades para celebrar o equinocio de outono pero, sobre todo, a volta ao cole.
Aquí tedes un resumo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario