miércoles, 17 de septiembre de 2014

VISITA AO MERCADO DE REDONDELA

Nada mellor para comenzar o tema de Coñecemento do Medio adicado á alimentación que visitar o mercado da nosa vila.
O Concello foi o encargado de organizar esta actividade na que participaron outros nenos e nenas do noso colexio e doutros centros da bisbarra.
A pesar do que o tempo atmosférico non nos axudou, non foi impedimento para que da man dunhas estupendas monitoras que nos acompañaron e nos brindaron as súas explicacións poidesemos coñecer un pouco mellor este lugar.
Comenzamos vendo un documental sobre como vive, se alimenta, se reproduce.... un dos habitantes máis destacados da nosa ría: o choco.  Ademais poidemos ver outros peixes e mariscos que alí se venden e tamén froitas, verduras, pan, produtos lácteos, flores.....
Para rematar degustamos unhas exquisitas e saúdables brochetas de froitas e recibimos uns agasallos de recordo do noso paso polo mercado.

 Grazas ao Concello por contar con nós!

Aquí vos deixo una pequeniña mostra do impresionante vídeo que vimos e as fotos do noso paso polo mercado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario