Son Paula Da Silva e lin un libro titulado "A filla do
ladrón de bicilcetas".
Escollín este libro porque gústanme moito as
bicicletas e a autora veu ao colexio cando estudiaba a miña irmá. Vouvos
facer un pequeno resumo: tratábase dunha nena chamada Serafina, filla dun señor que recibía o
nome de Ladrón de bicicletas. Un día a súa filla como lle gustaban
tanto, decidui mercar ela unha bicicleta coa axuda da súa tía Dona
Perfecta. Despois dun tempo Serafina foi a concursos de equilibrismo e
púxolle un nome a súa bicicleta: Celerífera. Foi collendo fama entre os
veciños do pobo pero, por seu pai dedicarse a roubar todo tipo de cousas sobre
todo bicicletas, dicían que a de Serafina tamén era roubada. Despois
de ver que era unha boa rapaza e que descubriron pola súa tía que a
mercaran entre as dúas pedíronlle disculpas. Despois dun tempo Serafina
gañou varios premios en diferentes concursos de equilibrismo da
localidade e mesmo chegou a facerse famosa.
Grazas Paula polas túas recomendacións!!!
Boas lecturas para todos!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario