Aquí tedes os enlaces para repasar
There is/there are I
There is /there are II
martes, 30 de septiembre de 2014
sábado, 27 de septiembre de 2014
MENÚ SAUDABLE
Neste curso tamén quixemos levar a cabo a actividade consistente en
elaborar por equipos o menú dos alimentos que se van a consumir a media
mañá.
Cada equipo completa unha táboa con alimentos de tipo enerxéticos, construtivos e reguladores.
Esta é a parte máis complicada xa que hai poñerse de acordo e pactar os
que inclúen e os que rexeitan. En algún equipo tiveron serias
dificultades pero ao final os tres equipos
foron capaces de lograr un consenso.
Unha vez cuberta a táboa, os alimentos se distribuen ao longo da semana de xeito que en cada día haxa un de cada tipo.
Cabe dicir que a maioría foi capaz de cumprir o menú ao longo desta semana, pero repetimos para ver si para a vindeira temos un pleno.
viernes, 26 de septiembre de 2014
REPASO TEMA 1
Aquí tedes os enlaces para repasar.
LINGUA GALEGA: o dicionario Tema 1
LINGUA CASTELA: comunicación, abreviaturas, palabras guía, maiúsculas, varios
MATEMÁTICAS: nº romanos I, nº romanos II, aproximación ás centenas e millares , nº de seis cifras
C. DO MEDIO: aparato dixestivoI , aparato dixesivo II, dieta saudable, alimentos
LINGUA GALEGA: o dicionario Tema 1
LINGUA CASTELA: comunicación, abreviaturas, palabras guía, maiúsculas, varios
MATEMÁTICAS: nº romanos I, nº romanos II, aproximación ás centenas e millares , nº de seis cifras
C. DO MEDIO: aparato dixestivoI , aparato dixesivo II, dieta saudable, alimentos
lunes, 22 de septiembre de 2014
domingo, 21 de septiembre de 2014
TRABALLO COOPERATIVO SOBRE O MERCADO
Este venres comenzamos de novo co traballo cooperativo na aula. En grupos de tres membros investigamos e lembramos a nosa visita ao mercado para poder responder a unha serie cuestións utilizando o caderniño que nos deron e a web. Algunhas non eran nada fáciles pero o feito de axudarse uns aos outros fixo que os cinco equipos foran capaces de responder a maioría das preguntas como podedes ver.
miércoles, 17 de septiembre de 2014
VISITA AO MERCADO DE REDONDELA
Nada mellor para comenzar o tema de Coñecemento do Medio adicado á alimentación que visitar o mercado da nosa vila.
O Concello foi o encargado de organizar esta actividade na que participaron outros nenos e nenas do noso colexio e doutros centros da bisbarra.
A pesar do que o tempo atmosférico non nos axudou, non foi impedimento para que da man dunhas estupendas monitoras que nos acompañaron e nos brindaron as súas explicacións poidesemos coñecer un pouco mellor este lugar.
Comenzamos vendo un documental sobre como vive, se alimenta, se reproduce.... un dos habitantes máis destacados da nosa ría: o choco. Ademais poidemos ver outros peixes e mariscos que alí se venden e tamén froitas, verduras, pan, produtos lácteos, flores.....
Para rematar degustamos unhas exquisitas e saúdables brochetas de froitas e recibimos uns agasallos de recordo do noso paso polo mercado.
Grazas ao Concello por contar con nós!
Aquí vos deixo una pequeniña mostra do impresionante vídeo que vimos e as fotos do noso paso polo mercado.
sábado, 13 de septiembre de 2014
PON A TÚA MENTE EN FORMA!!!
Para ter éxito nos estudos debemos mellorar as habilidades de prestar atención, memorizar e razoar porque estos factores son imprescindibles para aprender.
Premede na imaxe e accederedes a unha web con exercicios de
atención, memoria e lóxica.
martes, 9 de septiembre de 2014
PREPARADOS, LISTOS........ COMENZAMOS!!!!!
Xa tedes o lapis afiado?
Espero que nestas vacacións vos serviran para descansar e cargar pilas porque nos agarda un novo curso onde imos traballar arreo pero disfrutando co que facemos.
Preparade as mochilas e enchedeas de ilusión que mañán nos vemos!!!!
lunes, 8 de septiembre de 2014
RECOMENDACIÓNS LITERARIAS DE PAULA
Ainda estades a tempo de recomendarnos un libro como fixo Paula que leu unha novela da escritora galega Teresa González Costa
Son Paula Da Silva e lin un libro titulado "A filla do
ladrón de bicilcetas".
Escollín este libro porque gústanme moito as
bicicletas e a autora veu ao colexio cando estudiaba a miña irmá. Vouvos
facer un pequeno resumo: tratábase dunha nena chamada Serafina, filla dun señor que recibía o
nome de Ladrón de bicicletas. Un día a súa filla como lle gustaban
tanto, decidui mercar ela unha bicicleta coa axuda da súa tía Dona
Perfecta. Despois dun tempo Serafina foi a concursos de equilibrismo e
púxolle un nome a súa bicicleta: Celerífera. Foi collendo fama entre os
veciños do pobo pero, por seu pai dedicarse a roubar todo tipo de cousas sobre
todo bicicletas, dicían que a de Serafina tamén era roubada. Despois
de ver que era unha boa rapaza e que descubriron pola súa tía que a
mercaran entre as dúas pedíronlle disculpas. Despois dun tempo Serafina
gañou varios premios en diferentes concursos de equilibrismo da
localidade e mesmo chegou a facerse famosa.
Grazas Paula polas túas recomendacións!!!
Boas lecturas para todos!!!
jueves, 4 de septiembre de 2014
RECOMENDACIÓNS LITERARIAS DE MARÍA
E continuan chegándonos máis recomendacións literarias, esta é de María que leu o libro da escritora italiana Elisabetta Dami, que firma como o escritor ficticio Geronimo Stilton.
Hola a todos:

Grazas María polas túas recomendacións!!!
Boas lecturas para todos!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)