Ola a todos e a todas:
O outro día paseando por Reboreda con Pablo e as nosas mamás,atopamos estas rás.
Dubidábamos si eran nai e fillo ou unha femia e un macho apareándose .
Buscando información, cheguei a conclusión de
que se estaban apareando porque resulta que a femia é casi o doble de
grande que o macho...Increíble pero certo! e poñen entre 5.000 e 10.000
ovos.
Esta rá verde é moi común atopala nas pozas de
regadío que hai por Reboreda, precisamente nesta poza,chamada poza do Casal, hai moitas e vou a miúdo a velas
Aliméntanse de moscas e mosquitos vivos e incluso de outras ras pequenas, fora da auga tamén cazan lombrigas e arañas.
Un saúdo ....David
Grazas David por compartir con nós esta foto e as túas pesquisas!
Animádevos e enviade as vosas fotos ao noso correo!