miércoles, 29 de junio de 2011

SORPRENDE AOS TEUS AMIGOS!

Queres quedar como un auténtico ou auténtica crack?
Pois non tes máis que convidar a uns cantos amigos e prepararlles en menos dunha hora un exquisito xeado. Pero, onde está a sorpresa? preguntarédevos moitos de vos. Pois en que non se mete no conxelador nin se necesita ningún aparello especial. Non o credes?A verdade é que nos nun principio tampouco.
Ó comenzo do curso Isaac trouxonos unha receita para facer xeado no taller de cociña. Os ingredientes eran batido de chocolate e nata para facer o de sabor a chocolate e leite, nata, azucre e xirope de fresa para facer o de sabor a fresa ademais de xeo e sal. Como era unha receita moi axeitada para combatir os calores desta época deixámola para poñer a guinda ao noso taller de cociña.

E COMA SEMPRE DELICIOSO!

Hai varias vídeos en internet onde explican o proceso utilizando diferentes ingredientes, este é un deles por si queredes ver o proceso completo.
http://www.youtube.com/watch?v=PCw609Yseog

GRAZAS A ISAAC E A SÚA FAMILIA POLA RECEITA E POR FACILITARNOS OS INGREDIENTES!!!!!

Antes de que me esqueza, espero os vosos comentarios y un pequeno reto

QUEN ME PODE EXPLICAR POR QUE SE LLE BOTA SAL AO XEO?



2 comentarios:

  1. O xeado que fixemos estaba riquísimo ,incluso mellor co que fixen na Casa das Ciencias de Aveiro en Portugal, aínda que o fixemos de diferente maneira.A resposta á pregunta é que se produce unha enerxía ó mesturar os cristais do xeo cos do sal, o que fai que baixe a temperatura para poder disolverse.

    ResponderEliminar
  2. profe Vero30/6/11, 18:10

    Realmente sorprendente!!! Estou desexando experimentalo na casa para poder facelo o ano que ven cos peques. Noraboa a todos

    ResponderEliminar