domingo, 19 de junio de 2011

EXCURSIÓN A SILLEDA

Nunca unha saída deunos para traballar tantos contidos de C. do Medio.
Na granxa comenzamos por visitar a ribeira dun río e observar as árbores: ameneiros, abeleiras, salgueiros, loureiros.... Despois visitamos un muiño e poidemos ver de cerca as diferentes partes.
Cansos e con moita fame tomamos un bo almorzo. Ó rematar dispuxemos de tempo libre para compartir xogos e disfrutar das magníficas instalacións da granxa-escola.
Pola tarde, xa de volta ó traballo, comenzamos cun xogo que nos permitiu repasar os coñecementos que adquirimos a mañá sobre as árbores. Despois cuns sinxelos experimentos vimos o ciclo da auga, o mecanismo dun pozo de barrena....
O remate foi espectacular, achegámonos ata unha charca e poidemos ver de cerca este incrible ecosistema, pero a cousa non quedou aí, no laboratorio tíñannos preparadas varias cubetas con tritóns, ninfas de líbélulas, pequenos crústaceos... e en pequenos grupos nos mostraron e explicaron as características de cada un deles.

Xa na clase valéndonos do Google maps, localizamos Silleda e analizamos os km e o tempo das tres rutas máis importantes para ir a esta vila. Lembramos os accidentes xeográfícos, os cultivos e as explotacións agrarias que poidemos ver durante a viaxe e ademais poidemos facer suposicións de cales poden ser os sectores económicos máis importantes da zona.

As instalacións, os monitores e sobre todo o comportamento e saber estar dos nosos nenos e nenas, tanto dos Vincis e coma dos de 4º A, fixeron que ésta sexa unha excursión difícil de esquecer.


No hay comentarios:

Publicar un comentario