martes, 10 de octubre de 2017

PRESENTÁMONOS!!!

Fai unhas semanas que comezou o curso e aínda que o blog xa está cheo de contido, faltábanos presentarnos.  Aquí tedes as pingas de auga que enchen de vida o noso manantial!

COMO SE ESTUDA EN EQUIPO

Os equipos teñen que estudar o tema da célula. Deixamos aquí algunhas indicacións para sacarlle o maior partido as vosas sesións de estudo conxuntas.

1. LER O TEMA DE XEITO INDIVIDUAL E COLECTIVO
2. TEMPO DE ESTUDO INDIVIDUAL NUN LUGAR TRANQUILO E AXEITADO
3. EXPLICAR O TEMA, CADA MEMBRO DO EQUIPO EXPLICA O TEMA AOS SEUS COMPAÑEIROS E ESTES ESCOITAN, AXUDAN E PREGUNTAN. PÓDESE PREPARAR TODO O TEMA OU UNHA PARTE EN PARTICULAR
4. FACER UN RESUMO OU APUNTAMENTOS EN CONXUNTO
5. PING PONG DE PREGUNTAS E RESPOSTAS ENTRE OS MEMBROS DO EQUIPO, APRENDEMOS ELABORANDO AS PREGUNTAS, RESPONDENDO E ESCOITANDO AS RESPOSTAS DOS DEMAIS. INCLUSO PODEDES CALIFICARVOS PARA VER CAL É O VOSO DOMINIO DO TEMA.

O pensamento pódese e débese entrenar. Non o esquezas


E SE PUIDERAMOS IR A GALICIENCIA...!

Que é Galiciencia? A feira de ciencia que ten lugar no parque Tecnolóxico de Galicia.  O ano pasado foi así:



 E este ano está adicada a ASTRONOMÍA. 

Ademais de tentar ir de visita, atrevédesvos a presentar un proxecto relacionado co universo? Tedes que concursar por parellas coa supervisión da mestra. Estades preparados? 

Clicade na imaxe para acceder a páxina. Mirade toda a información. Por unha banda temos o concurso de logo para as camisetas, o concurso de proxectos e os desafíos. Cal vos gusta máis? 

http://www.galiciencia.com/

domingo, 8 de octubre de 2017

A CÉLULA

Xa estamos inmersos no estudio do tema 1 de Ciencias Naturais!

Espero que estes vídeos os axuden!







viernes, 6 de octubre de 2017

MÁIS RECURSOS PARA O TRABALLO DE SOCIAIS

Os guións para o traballo sobre o universo xa están  case rematados e vai sendo hora de poñer mans a obra. Hoxe na clase algúns equipos pedíronme axuda para preparar as súas presentacións. Na vindeira semana porémonos mans a obra, mestres tanto, aproveitade os titoriais para ver coma usar distintos programas e podedes comezar a fedellar na casa. Imos traballalo na aula pero, se queredes,  podededes comezar a dar os primeiros pasos.

TITORIAL PARA USAR POWER POINT (PRESENTACIÓN DE IMAXES MEDIANTE DIAPOSITIVAS) 


COMO USAR MOVIE MAKER 


miércoles, 4 de octubre de 2017

IDEAS PARA PRESENTAR UN TRABALLO

O outro día falamos de coma elaborar un traballo de investigación. Agora que os equipos xa están traballando comezan as dúbidas sobre a forma en que podemos presentalo. Para axudarvos aquí vos deixamos algunhas ideas que vos poden servir de guía:
 UN LAPBOOK
 Un lapbook é un mural en forma de libro interactivo. Usamos coma base unha cartoliña e incluímos a información que queremos usando diferentes formas e tamaños de papel. Á hora de presentalo imos levantando as solapas e explicando cada parte facendo que o noso mural sexa moito máis interesante e atractivo. Aquí vos deixamos un titorial sobre lapbook e algúns exemplos (LEMBRADE QUE TEMOS MATERIAL NA AULA E AS MESTRAS ESTAMOS PARA AXUDARNOS)


UNHA MAQUETA
Outro xeito interesante de acompañar unha explicación teórica é ter unha maqueta onde amosar aquilo do que estamos falando. As maquetas pódense facer de diversos materiais e son en volume. Aquí tedes algún exemplo:

 PRESENTACIÓN CON DIAPOSITIVAS

Outra opción e acompañar a nosa explicación cunha presentación de imaxes que ilustren o que estamos contando. Hai diversos programas para facer presentación entre eles o powerpoint.

 

VÍDEO

Podedes facer a vosa presentación en vídeo. Debedes ter un guión do que ides contar pero tamén de como ides montar o vídeo. Que necesitades? Ides saír vos ou non?...

 Pensade nos vídeos que vimos na clase e no que está colgado na rede. Son vídeos cortos e amenos. Atrevédesvos? Mirade este que orixinal.



O UNIVERSO 2

Para axudarvos a entender os conceptos do traballo déixovos estos vídeos: