O outro día falamos de coma elaborar un traballo de investigación. Agora que os equipos xa están traballando comezan as dúbidas sobre a forma en que podemos presentalo. Para axudarvos aquí vos deixamos algunhas ideas que vos poden servir de guía:
UN LAPBOOK
Un lapbook é un mural en forma de libro interactivo. Usamos coma base unha cartoliña e incluímos a información que queremos usando diferentes formas e tamaños de papel. Á hora de presentalo imos levantando as solapas e explicando cada parte facendo que o noso mural sexa moito máis interesante e atractivo. Aquí vos deixamos un titorial sobre lapbook e algúns exemplos (LEMBRADE QUE TEMOS MATERIAL NA AULA E AS MESTRAS ESTAMOS PARA AXUDARNOS)
UNHA MAQUETA
Outro xeito interesante de acompañar unha explicación teórica é ter unha maqueta onde amosar aquilo do que estamos falando. As maquetas pódense facer de diversos materiais e son en volume. Aquí tedes algún exemplo:
PRESENTACIÓN CON DIAPOSITIVAS
Outra opción e acompañar a nosa explicación cunha presentación de imaxes que ilustren o que estamos contando. Hai diversos programas para facer presentación entre eles o powerpoint.
VÍDEO
Podedes facer a vosa presentación en vídeo. Debedes ter un guión do que ides contar pero tamén de como ides montar o vídeo. Que necesitades? Ides saír vos ou non?...
Pensade nos vídeos que vimos na clase e no que está colgado na rede. Son vídeos cortos e amenos. Atrevédesvos? Mirade este que orixinal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario