Estos son os nosos medos.
Cales son os teus?
jueves, 31 de octubre de 2019
jueves, 24 de octubre de 2019
PRIMEIRA SAÍDA, PRIMEIRA ACTIVIDADE VOZ NATURA
LIMPEZA NA PRAIA DE CESANTES
Xa estamos listos para comezar as nosas fazañas medioambientais e nun curso coma este onde queremos acabar co plástico dos nosos océanos que mellor xeito que comezar facendo unha limpeza na praia onde os nosos alumn@s van pasar os días de verán?
Contactamos co colectivo Alecrín para levar a cabo unha limpeza guiada e o máis produtiva posible e non podiamos ter feito mellor elección. Ana, a nosa monitora contounos unha chea de cousas sobre a praia de Cesantes, a súa biodiversidade e coma o vento dispón os residuos da praia nun lugar ou noutro segundo sopre.
Tamén comprobamos o deterioro sobre a duna e coma as nosas acción teñen un impacto directo no medio.
Logo organizámonos en equipos e comezamos a recollida nas algas acumuladas na beira. Ao principio parecía que a praia estaba bastante limpa pero en canto empezamos a separar algas atopamos de todo.
Foi unha maña moi produtiva.
Ao rematar, sentámonos para analizar os nosos achados e sacar conclusións en equipo.
E isto é so o inicio.
Seguide atentos porque este ano imos plantar batalla ao cambio climático!
miércoles, 23 de octubre de 2019
ROBÓTICA: EMPEZAMOS A PROGRAMAR A PLACA BASE
Os xoves son días de robótica.
Despois de ver o nome dos distintos compoñentes do noso kit de robótica comezamos a programar.
E... así o fixemos!
Despois de ver o nome dos distintos compoñentes do noso kit de robótica comezamos a programar.
E... así o fixemos!
martes, 22 de octubre de 2019
QUE É UN AULA EDIXGAL?
Este ano estamos cheos de novidades.
Entre elas que as nosas aulas son aulas Edixgal pero, que significa iso?
Non hai un único xeito de ser aula Edixgal. O proxecto dota as aulas de quinto e sexto de equipos informáticos e pretende incluír as novas tecnoloxías no día a día do noso alumnado.
Para nos ser un aula Edixgal é a posibilidade de traballar todos ao mesmo tempo de forma distinta, cada un ao seu ritmo, sendo responsables e autónomos. Aprender a buscar e escoller información, ter múltiples opcións de traballo, presentar traballos de xeito moi diverso, estar máis motivados e, todo isto, sen esquecer o papel.
É posible?
Comprobádeo por vos mesmos?
miércoles, 16 de octubre de 2019
PDI "Os deportes"
Este ano o tema do centro son "Os Deportes".
As aulas de quinto, unha vez máis, estamos traballando xuntas para desenvolver o proxecto.
Estivemos facendo unha recollida de ideas previas e aproveitamos para ver unha entrevista a Laia Palau e responder en equipo a preguntas relacionadas coa entrevista.
O traballo dos equipos foi moi interesante e algunhas das conclusións dan que pensar.
Mirade que ben o fixeron.
martes, 15 de octubre de 2019
TALLERES INTERNIVELARES
Os venres son un día moi especial para nos. A terceira hora deixanos as nosas aulas habituais para aprender dun xeito máis lúdico e activo.
Temos organizados dez equipos co alumnado de todo o centro. En cada equipo hai alumn@s dende 3 anos ata os 12.
Así mesmo temos 10 talleres nos distintos espazos do centro: XOGAMOS, COSE QUE TE COSE, UNHA DO DEREITO E UNHA DOS REVÉS, ADORNOS CON MATERIAL DE REFUGALLO, FÍOS, EMOCIÓNS, EXPRESIÓN CORPORAL, LUZ NEGRA, CONSTRUCCIÓNS...
Cando toca o timbre o alumnado distribúese polos talleres que lle corresponden esa semana, de xeito que, cada venres, cada equipo vai a un taller distinto e, ao rematar o trimestre, todos terán pasado por todos os talleres.
O alumnado de sexto encárgase de coller ao alumnado de infantil, levalo ao taller e devolvelo a aula ao remate das mesmas.
É un xeito de aprender fóra do espazo estructurado, de compartir saberes con alumn@s distintos ao grupo clase, de que os maiores titoricen a os pequenos, de facer intercambios con outras idades e, sobre todo, aprender a aprender facendo.
Aquí tedes un resumo da primeira sesión:
lunes, 7 de octubre de 2019
sábado, 5 de octubre de 2019
EMPEZAMOS A USAR OS ORDENADORES
Este ano iniciamos unha nova aventura.
Todos temos que ir acostumándonos a esta nova situación.
Hoxe comezamos dándonos de alta para usar o material interactivo e aprendendo a encender e gardar os equipos.
viernes, 4 de octubre de 2019
COMO ESTUDIAR? AS PALABRAS CHAVE
Imos ir aprendendo técnicas de estudo.
Comezamos coas palabras chave.
Botádelle un ollo a publicación para saber que son e como se usan.
jueves, 3 de octubre de 2019
APRENDEMOS A ESCRIBIR NO ORDENADOR CON TODOS OS DEDOS?
Este ano somos centro Edixgal e estamos comezando a traballar cos portátiles.
Un dos problemas que temos é que non sabemos onde están as letras e escribimos moi lento.
Para mellorar isto xa tedes no site de recursos un apartado con xogos para aprender a colocar os dedos no teclado e praticar.
Nos vos esquezades de botarlle un ollo.
Tedes o enlace no apartado de robótica do apartado de recursos "O manantial" ou clicando na imaxe:
Á HORA DO CÓDIGO: ANGRY BIRDS

Podedes seguir xogando na casa, ben facendo unha conta para que vos garde sesión ou coma convidados. Neste caso non garda sesión e sempre teredes que comezar de 0.
O enlace para xogar está clicando na imaxe:
Como podo facer unha conta?
Isto non é necesario e é totalmente voluntario. Sen facer a conta tamén podedes xogar.
Imos explicarvos os pasos a seguir.1. Na parte superior dereita pon Iniciar sesión, clicade:
2. Ao clicar sae o seguinte menú, debedes clicar en crear una cuenta:
3. Cubride a folla. Marcade que sodes estudiantes. Pide unha conta de correo así que pedidelle axuda aos vosos pais e que poñan unha conta de correo deles. Ao final da folla tedes que clicar no dos termos de uso e uso de datos (É O QUE MENOS NOS GUSTA DA PÁXINA)
4. Xa tedes a vosa conta lista:
Isto fai que poidades gardar os avances e seguir aprendendo dende a última sesión á que xogástedes.
Coma veredes na páxina hai moitos xogos. A nosa recomendación é que comecedes polos Angry Birds e logo vaiades probando.
ÁNIMO E A PROGRAMAR!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)