Este ano Galiciencia está adicada ao cambio climático.
Despois de visitar Meteogalicia e traballar sobre o clima na aula, pensamos que é unha boa idea participar nos desafíos.
Hai 4 desafíos. Os 3 primeiros fanse a través da rede en equipos de 3 persoas. Logo escóllense tres equipos finalistas que compiteran o 11 de maio na feira.
O primeiro desafío consiste en facer un vídeo dando o parte metereolóxico de Redondela e falando do clima. O vídeo non pode durar máis de tres minutos.
Se clicades na imaxe tedes todas as instruccións ao voso dispor.
Pero, ademais, na páxina de Galiciencia, no apartado dos desafíos tedes información que podedes empregar para superar os retos. Botádelle un ollo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario