Este venres os nenos e nenas de 3º A e 3º B, acompañados por dous monitores da COOPERATIVA TRESPÉS, realizamos unha excursión ata a praia fluvial de Reboreda para coñecer un pouco mellor a flora e a fauna do río Alvedosa.
Ao chegar, despois de que Tania nos explicase que como ía trascurrir a xornada e de repoñer forzas tomando a merenda, comenzamos a buscar as prantas e arbustos que aparecían no caderno de campo que nos deran. Así poidemos coñecer algunhas árbores propias de ribeira como son os salgueiros, amieiros, bidueiros, loureirros e carballos e algunha que outra especie invasora como a falsa acacia. Tamén abundaban diferentes herbas propias da nosa zona coma os pampullos, o xoio, os croques, o fiuncho e tamén bastantes estrugas que foron as primeiras que nos interesou distinguir.
Noutra parte do río onde hai unha pequena ponte poidemos observar as marxes e descubrir como algúns plásticos e cascallos contaminaban ese fermoso lugar. Alí, Tania nos falou da importancia de manter os ríos limpos e xunto con ela construimos unha mini depuradora utilizando varios filtros de pedras e area. Tamén nos fixo un experimento para mostrarnos que lles pasaría aos saltóns se a auga estivese contaminada.
Quedabanos por baixar a praia fluvial, e alá nos fomos. Alí hai unha pequena presa que no verán péchase para que as persoas poidan bañarse e disfrutar do río. Sorprendeunos moito como cun simple cordel e unha laranxa se pode medir a velocidade do caudal do río e coñecer en que zonas as augas van máis rápido ou están mais tranquilas. E xa tocaba poñer as botas, primeiro para pescar a laranxa e logo para cos ganapáns extraer area do fondo e botala en pequenas bandexas con auga para buscar os bichiños que alí había. Atopamos: ninfas de cabaliños do demo e líbelulas, larvas, vermes ... que logo identificamos coa axuda dos debuxos que tiñamos nuha plantilla.
Pasousemos a mañá moi rápido e tocou voltar ao cole cansos pola calor pero moi contentos polo que aprendéramos e o ben que o pasaramos.
Grazas Tania, grazas Paulo.
O próximo curso esperamos contar de novo con vos!
!VAYA SUERTE QUE TIENEN ESTOS NIÑOS CON LAS EXCURSIONES,ASÍ ES MUCHO MÁAS FÁCIL Y DIVERTIDO APRENDER LAS COSAS!.
ResponderEliminarMe gusto mucho.Hice muchas fotos a mis compañeros y a las plantas
ResponderEliminarGustoume moito completar o caderno de campo e tamen gustoume ir ao rio Alvedosa a pescar co ganapan.
ResponderEliminarHa visita foi moi interesante aprendimos moitas cousas diferentes.
ResponderEliminarVimos larvas de insectos lombrices de mar ETC.
Cando pesCAMOS FOI O MAIS DIVERTIDO.