viernes, 21 de octubre de 2011

MERCADIÑO SOLIDARIO

Hoxe foi un día moi especial no noso cole porque celebramos un MERCADIÑO SOLIDARIO con libros doados por todos nós co fin de recaudar fondos para o proxecto de UNICEF ¨Gotas de agua para Níger¨. Antes da venda leuse este manifesto que queremos compartir con todos vos.

Estivemos todo un ano traballando coa auga pero a agua non aparece. está escondida, sen ganas de baixar a enchernos de alegría. as noticías non paran de falar de recortes no suministro, de situación de risco se non chove, do baleiros que están os embalses… e iso que nos somos unha comunidade rica en auga.

Por iso a actividade de hoxe ten máis sentido ca nunca, podemos poñernos na situación daqueles aos que a chuvia non chega durante meses, non teñen embalses, camiñan horas por unha xerra de auga… e, día tras día, a historia volve repetirse.

Por iso queremos dar as grazas a cada un dos participantes que trouxo unha pinga de esperanza en forma de libro e agora, imos trocar as nosas pingas por outras, sabendo que ese intercambio convertirase en chuvia para Níger, chuvia que dará esperanza e novos horizontes a outros nen@s, que, coma nos neste momento, non paran de ver para o ceo pedindo auga para a vida.

Ánimo e con estas pingas literarias, enchamos de auga de cores a Níger e os nosos redores.

Grazas ás familias pola vosa colaboración e aos profes que sen petenecer ao proxerto Arce nos acompañaron nesta actividade.




2 comentarios:

  1. Parabéns profe Luisa por organizar esta actividade e compartíla con todos nós.

    PD: Encántame a vosa mascota!!

    ResponderEliminar
  2. Grazas.
    Dende aquí quero facer extensiva a felicitación as miñas compañeiras/os xa que cada un puxo a sua ¨pinga¨para que o mercadiño fose un éxito

    ResponderEliminar