lunes, 16 de mayo de 2011

MOVILAB

O martes 10 de maio fixemos unha visita sorpresa a un laboratorio móbil que tiña dúas zonas ben diferenciadas, nunha vimos cousas sobre a luz e noutra cousas a través dunha lupa binocular.
Na primeira sala, explicaronnos como se facía a luz mesturando luminol e auga osixenada, a policia cinetífica para descubrir restos de sangue e pegadas usa tamén lámpadas ultravioletas. Nos ensinaron tamén que as sinais de emerxencia teñen luz porque a absorven de outras fontes luminosas cando están acesas.
Na segunda sala turnamonos para ver a través dunha lupa binocular distintos preparados: sedimentos de pedras, insectos, polén, azucre....

Aprendín moitas cousas e foi unha visita divertida e entretida.

Espero que MOVILAB volva a Redondela con outras actividades.

Isaac


No hay comentarios:

Publicar un comentario