Como xa sabedes as plantas carecen de órganos dos sentidos, de sistema nervioso e de aparato locomotor que son os responsables de levar a cabo a función de relación nos animais. Nembargantes as plantas tamén son capaces de detectar os cambios de temperatura, luz, humidade... que se producen a o seu entorno e reaccionan ante eles. Un caso moi sorprendente da función de relación e ben coñecido por todos é o das plantas carnívoras que atrapan inséctos, pero seguro que poucos de vos sabíades que existen plantas que moven as follas co contacto. Unha delas é unha especie de mimosa, a mimosa púdica, que move as súas follas cando se lles toca.
Queres saber por que o fai? A resposta está neste vídeo.Esperamos os vosos comentarios
No hay comentarios:
Publicar un comentario