domingo, 17 de octubre de 2010

O LUNS ABRE A BIBLIO!!!!!

O pasado venres fixemos a nosa primeira visita a biblioteca neste curso. Acompañounos a profe Amparo para recordarnos as normas, explicarnos o sistema de empréstito, a ubicación dos libros, o uso dos ordenadores .... Tamén fixemos un xogo de localización de libros.
Disfrutamos moito e, a pesar de que eramos moitos, o noso comportamento foi exemplar.

GRAZAS PROFE AMPARO


VISITAREMOS MOITAS VECES A MARGARIDA.



2 comentarios:

  1. Hoxe no recreo bamos a estreala.Vamos a coller libro.

    ResponderEliminar
  2. Certamente, portástesvos xenial!, como todos os demais nenos e nenas do Centro, que tamén visitaron a Biblio.
    Estoume a dar conta que aos nenos e nenas do cole gústanlle moito os libros: de contos, de ciencia, de historia,... véxovos pola biblio todos os días,lendo, investigando,... e eso alégrame moito.
    Espero volver vervos pronto!
    Por certo, fermoso blog!, Un gran traballo!, ... Xa volo dixen, non si?, pero,... tiña que repetilo.
    Moitos Bicos e abrazos para todos!

    ResponderEliminar