miércoles, 14 de febrero de 2018

ASÍ CELEBRAMOS O ENTROIDO O ALUMNADO DE QUINTO

Rematan estes días de lecer pero quédamos o recordo do vivido.
Os alumn@s de quinto querían vivir máis a festa de entroido así que decidimos xuntos coma nos iamos disfrazar, cada un escolleu o animal que quería ser, preparamos unha coreografía, escollemos a música para o desfile e Rubén, o pai de Xoel, púxonos o equipo musical para poder desfrutar no desfile.
Pero, ademais, participamos durante a semana do meco e o venres fixemos unha comida todos xuntos onde cociñamos paninis e filloas e degustamos as deliciosas tortillas que fixeron nais e avoas dos nosos alumnos para que puidemos compartir.
Bailamos, xogamos, rimos e, por suposto, tamén desfilamos.
Un día fantástico!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario