domingo, 13 de mayo de 2012

SAÍDA POLO ENTORNO

Este venres os nenos e nenas de 3º A e 3º B, acompañados por dous monitores da COOPERATIVA TRESPÉS, realizamos unha excursión ata a praia fluvial de Reboreda para coñecer un pouco mellor a flora e a fauna do río Alvedosa.
Ao chegar, despois de que Tania nos explicase que como ía trascurrir a xornada e de repoñer forzas tomando a merenda, comenzamos a buscar as prantas e arbustos que aparecían no caderno de campo que nos deran. Así poidemos coñecer algunhas árbores propias de ribeira como son os salgueiros, amieiros, bidueiros, loureirros e carballos e algunha que outra especie invasora como a falsa acacia. Tamén abundaban diferentes herbas propias da nosa zona coma os pampullos,  o xoio, os croques, o fiuncho e tamén  bastantes estrugas que foron as  primeiras que nos interesou distinguir.
Noutra parte do río onde hai unha  pequena ponte poidemos observar as marxes e descubrir como algúns plásticos e cascallos contaminaban ese fermoso lugar. Alí, Tania nos falou da importancia de manter os ríos limpos e xunto con ela construimos unha mini depuradora utilizando varios filtros de pedras e area. Tamén nos fixo un experimento para mostrarnos que lles pasaría aos saltóns se a auga estivese contaminada.
Quedabanos por baixar a praia fluvial, e alá nos fomos. Alí hai unha pequena presa que no verán péchase para que as persoas  poidan bañarse e disfrutar do río. Sorprendeunos moito como cun simple cordel  e unha laranxa se pode medir a velocidade do caudal do río e coñecer en que zonas as augas van máis rápido ou están mais tranquilas. E xa  tocaba poñer as botas, primeiro para pescar a laranxa  e logo para cos ganapáns extraer area do fondo e botala en pequenas bandexas con auga para buscar os bichiños que alí había. Atopamos: ninfas de cabaliños do demo e líbelulas, larvas, vermes ... que logo identificamos coa axuda dos debuxos que tiñamos nuha plantilla.

Pasousemos a mañá moi rápido e tocou voltar ao cole cansos pola calor pero moi contentos polo que aprendéramos e o ben que o pasaramos. 
Grazas Tania, grazas Paulo.
O próximo curso esperamos contar  de novo con vos!



4 comentarios:

  1. MAMA ARRIETA14/5/12 17:53

    !VAYA SUERTE QUE TIENEN ESTOS NIÑOS CON LAS EXCURSIONES,ASÍ ES MUCHO MÁAS FÁCIL Y DIVERTIDO APRENDER LAS COSAS!.

    ResponderEliminar
  2. Juan Garcia15/5/12 10:22

    Me gusto mucho.Hice muchas fotos a mis compañeros y a las plantas

    ResponderEliminar
  3. Gustoume moito completar o caderno de campo e tamen gustoume ir ao rio Alvedosa a pescar co ganapan.

    ResponderEliminar
  4. Ha visita foi moi interesante aprendimos moitas cousas diferentes.
    Vimos larvas de insectos lombrices de mar ETC.

    Cando pesCAMOS FOI O MAIS DIVERTIDO.

    ResponderEliminar