domingo, 19 de diciembre de 2010

RECURSOS DE NADAL

Agora que ven o Nadal e dentro duns días xa imos estar de vacacións imos deixarvos algunhas páxinas interesantes para mandar postais, crear elfos ou pasar un bo rato xogando coas personaxes do Nadal.

En primeiro lugar aquí vos deixo un enlace onde podedes escoller postais, escribir nelas o que queirades, poñerlles emoticonos navideños, engadirlles música e moitas opcións máis. Clicade na imaxe e escollede a que máis vos guste.



Tamén podedes convertirvos en Elfos, so tedes que entrar, e seguir os pasos. É importante que teñades no ordenador algunha foto para que o elfo teña a vosa cara. Despois escolledes o baile que queredes e xa podedes enviala a quen queirades. Seguro que tanto vos como os que a reciban non poderedes sacar o sorriso da cara.



Finalmente, aquí tedes uns xogos navideños para pasar bos ratos nas vacacións. Por unha banda tendes o que se chama A BELÉN onde tedes que axudar aos reis a acumular agasallos evitando os cactus do deserto. Outro dos xogos é GAÑA A PAPANOEL onde botaras unha carreira contra PapaNoel montado no seu trineo. O último é Regalos onde convertiraste nun axudante de Papanoel e deberás axudarlle a encher o trineo.



PASÁDEO BEN E BO NADAL A TODOS!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario