Xa vimos que a cociña é coma un gran laboratorio onde non paran de suceder reaccións e alteracións químicas moi interesantes pero, os alimentos por si mesmos teñen química? Hai alimentos naturais e alimentos químicos? Debemos comer so dos primeiros?
Neste vídeo tedes unhas poucas curiosidade sobre a química alimentar.
viernes, 21 de septiembre de 2018
jueves, 20 de septiembre de 2018
PREPARANDO O EQUINOCIO: UN MENÚ MOI QUÍMICO
Empezamos o curso coma nos gusta, celebrando unha festa!!!
O sábado entramos no outono e esta nova estación traerá consigo unha chea de cambios no medio que nos rodea. Para celebrar a chegada desta estación A e B reuníronse e fixeron propostas. Estudiadas todas e tendo en conta que o tema deste curso é Física e Química, decidimos levar a cabo varios talleres. Un deles é o de cociña.
Imos facer un delicioso menú que non so vai encher os nosos estómagos senón tamén as nosas mentes, xa que hoxe descubrimos que a cociña é un gran laboratorio cheo de reaccións e alteracións da materia.
Moitos quedástedes con ganas de saber máis. Pois aquí o tendes a primeira parte!!!
OS FLOCOS DE MILLO
Alguén quería ver coma era o proceso de explosión do floco de millo, tamén o temos:
O FLAN
sábado, 15 de septiembre de 2018
OBRADOIRO GRATUITO DE ROBÓTICA
Trátase de obradoiros
tecnolóxicos (audiovisual e robótica) para nenos e nenas de 7 a 15 anos,
que xa percorreron con éxito diferentes vilas da nosa comunidade.
Non é necesario ser cliente R para poder gozar deste obradoiro.
Obxectivo
Que os nenos e as nenas desenvolvan a creatividade e aprendan a traballar en equipo. Crearán un prototipo tecnolóxico, utilizando placas e materiais de refugallo.
Convoca
Empresa R. Colabora Líbolis, Escuela de Valientes, cun método que potencia o espírito emprendedor dos máis pequenos e pequenas a través do xogo.
Inscrición
Cada obradoiro está limitado a 20 participantes.
Contacto:
Non é necesario ser cliente R para poder gozar deste obradoiro.
Obxectivo
Que os nenos e as nenas desenvolvan a creatividade e aprendan a traballar en equipo. Crearán un prototipo tecnolóxico, utilizando placas e materiais de refugallo.
Convoca
Empresa R. Colabora Líbolis, Escuela de Valientes, cun método que potencia o espírito emprendedor dos máis pequenos e pequenas a través do xogo.
Inscrición
Cada obradoiro está limitado a 20 participantes.
Contacto:
- talleres@libolis.com
- 881 256 673
viernes, 14 de septiembre de 2018
UN ANO CHEO DE FÍSICA E QUÍMICA
Un novo curso comeza.
Estes son días de reencontro e ilusión polos novos proxectos.
Para a profe Luisa e para min e un auténtico pracer recibirvos e iniciar con vos un curso importante, pois este é o voso derradeiro ano no cole de Reboreda. Esperamos estar a altura do que merecedes e que xuntos poidamos facer que este sexa un bo remate a esta primeira etapa escolar.
Comezamos decorando a aula e buscando frases que nos sirvan de inspiración para a vida.
BENVIDOS A E B!!!
martes, 11 de septiembre de 2018
TODO LISTO! UN NOVO CURSO COMEZA
Ola a todos!!!
Rematan as vacacións e comeza unha nova aventura no cole de Reboreda.
Rematan as vacacións e comeza unha nova aventura no cole de Reboreda.
Estamos desexando vervos!!!
Xa está todo listo, so faltades vos!
E para comezar con ganas, tedes que buscar e traer a escola 3 obxectos relacionados con este verán!!! Poñede as cabezas a traballar.martes, 3 de julio de 2018
NOVAS DAS BIBLIOTECAS: Obradoiro de submarinos para nenos
NOVAS DAS BIBLIOTECAS: Obradoiro de submarinos para nenos: As Bibliotecas de Redondela conmemoramos o 150 aniversario da "chegada" do Nautilus á Enseada de San Simón con este "O...
lunes, 2 de julio de 2018
EXCURSIÓN E FESTA DE FIN DE CURSO
Un curso tan intenso coma o que tivemos este ano precisaba dunha festa a altura das circunstancias. Tivemos, ademais, a sorte de que fixese un día estupendo así que despois de coller toda a comida que compramos o día anterior no Familia, e as nosas mochilas, puxémonos en camiño.
O paseo foi moi instructivo, Luisa contounos unha chea de cousas sobre Reboreda.
Xa no río aproveitamos para explorar e facer xogos moi, moi divertidos coma carreiras de cabalos e xinetes, carretillas, relevos, comer galletas sen usar as mans amosando os nosos coñecementos sobre Reboreda, pasar a auga...
Cando o sol comezou a apretar foi á hora de darnos un baño, divertidísimo lanzarnos a auga e bañarnos, iso si, a temperatura da auga cortaba a circulación.
Despois de tanto movemento había fame, e coma era día de festa, fixemos unha merendola.
O camiño de volta tamén foi moi divertido, mollándonos todo o camiño.
UN GRAN FINAL PARA UN CURSO FANTÁSTICO!!!
POR CERTO, PREGUNTA DE CALDEIRO:
COMA SE CHAMA O TOMILLO SALVAXE QUE FORMA PARTE DO CACHO DAS HERBAS DE SAN XOÁN ????
BO VERÁN PARA TODOS, DESCANSE, DISFRUTADE E VIVIDE EXPERIENCIAS!!!
VÉMONOS EN SETEMBRO
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

