Os nosos famosos e reputados científicos de 5º A e B expoñen a continuación as súas teorías sobre a orixe do universo. Non perdades comba que hai teorías para todos os gustos.
martes, 17 de octubre de 2017
MÁIS RECURSOS
Pasade polo site de recursos tedes un xogo novo de operacións combinadas e actividades interactivas para practicar os operacións básicas e as combinadas. Tamén podedes xogar co reloxo matemático (aquí e no site de recursos)
lunes, 16 de octubre de 2017
ARDE A NOSA CONTORNA
Retomamos as nosas entradas no blog enfadados, preocupados, doídos e sen dar crédito aos lumes que nos asolaron onte e que seguen rodeando neste momento o noso concello.
Unha vez máis o sinsentido dos incendios pon a nosa vila no centro do lume. Temos alumn@s desaxolados, familias desesperadas e unha pérdida de patrimonio natural difícil de recuperar.
Onte foi unha odisea apagar os lumes: a seca, a falta de auga nas traídas comunais e nos pozos particulares, a falta de medios e a acción do vento foron un caldo de cultivo perfecto para un incendio coma non se recorda.
Hoxe coa cinza espallada pola ambiente, un cheiro a fume que afoga as nosas forxas, unha rabia e impotencia total pedimos e clamamos medidas urxentes para que isto non volva a pasar, depurar responsabilidades e dotar de medios as brigadas para que o lume non volva deixarnos un futuro negro e desolador.
sábado, 14 de octubre de 2017
O NOSO BANCO DE RECURSOS
Dende hoxe xa tedes todos os recursos que imos colgando no blog organizados e ordeados para que poidades ir a eles sempre que o precisedes. Imos colgar na barra lateral do blog un icono de recursos para que poidades entrar directamente.
Unha vez dentro tedes unha barra lateral esquerda organizada por materias. Dentro de cada materia tedes o material clasificado en vídeos, actividades ou xogos e información de ampliación.
Esperamos que vos sexa de utilidade.
Aquí volo deixamos para que lles votedes un ollo.
Estamos abertas a suxerencias para melloralo. Non dubidedes en comentar.
TEDES ALGUNHA IDEA PARA O PROXECTO DE GALICIENCIA?
Ide investigando e recollendo ideas porque o tempo pasa voando.
Aquí vos deixamos algúns enlaces para que vaiades collendo ideas. Non se trata de copiar a idea de outro senón de que vos sirvan de inspiración para os vosos proxectos.
EXPERIMENTOS O REDOR DO UNIVERSO
Mirade esta maqueta, con movemento e todo:
Sabedes que se pode contactar coa NASA
https://www.nasa.gov/centers/ames/spanish/about/aboutames-faqs.html
Imaxinades crear un espazo no cole:
Rematamos cun vídeo para os máis curiosos
Aquí vos deixamos algúns enlaces para que vaiades collendo ideas. Non se trata de copiar a idea de outro senón de que vos sirvan de inspiración para os vosos proxectos.
EXPERIMENTOS O REDOR DO UNIVERSO
Mirade esta maqueta, con movemento e todo:
Sabedes que se pode contactar coa NASA
https://www.nasa.gov/centers/ames/spanish/about/aboutames-faqs.html
Imaxinades crear un espazo no cole:
Rematamos cun vídeo para os máis curiosos
viernes, 13 de octubre de 2017
MÁIS OPERACIÓNS COMBINADAS
QUE NON SEXA POR NON REPETILO:
Aquí vos deixo recursos para ir adestrando:
UNHA DE XOGO
E agora proba cando sabes:
OPERACIÓNS COMBINADAS DO 1 AO 10
Aquí vos deixo recursos para ir adestrando:
UNHA DE XOGO
E agora proba cando sabes:
OPERACIÓNS COMBINADAS DO 1 AO 10
miércoles, 11 de octubre de 2017
OPERACIONES COMBINADAS
Lembrade que tedes unha chea de xogos para practicar as operacións combinadas na entrada anterior de mate. Pero antes, lembrade que son as operacións combinadas e como se resolvern.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




