jueves, 8 de septiembre de 2016

BENVIDOS DE NOVO!!!!!

 O vindeiro luns espérovos coas mochilas cheas de ilusión e con moitas, moitas ganas de aprender xuntos.

BENVIDOS DE NOVO!!!!

viernes, 29 de julio de 2016

COÑECENDO REDONDELA

Vaise a realizar un taller moi interesante para coñecer a nosa vila oa días 6, 7 e 8 de setembro.

Non volo perdades!!! 
Pincha sobre a imaxe para máis información
http://www.radioredondela.com/articulo.php?id=6575 
Fonte: http://servizonlredondela.blogaliza.org
 


martes, 5 de julio de 2016

TAREFAS DE VERÁN

Espero que disfrutedes moito destas merecidas vacacións de verán, pero non vos esquezades de repasar un chisquiño para non esquecer todo o que aprendestedes durante o curso.
Déixovos a melodía que tedes que practicar en música  e tamén enlaces as outras materias

 

domingo, 3 de julio de 2016

CARTAS DE AMIZADE

Unha das últimas actividades que fixemos para rematar este curso foi o intercambio de cartas de amizade. Despois de compartir traballo, aprendizaxes e experiencias foi o momento de facer balance e reflexionar como nos sentimos ao longo deste curso, que aportamos a aula, que rasgos positivos ten o noso compañeiro ou compañeira e que aportou a aula e ademais de expoñer como nos gustaría que fose o vindeiro curso. Todo esto quedou reflectido na carta que lle escribimos ao compañeiro ou compañeira elexido ao azar.

Houbo intercambio de cartas e....      unha gran aperta final de todos os que formamos do equipo
 O manantial

GRANDES ESCRITORES!!!

Na nosa clase contamos con grandes escritores e escritoras e presentámonos a varios concursos de narrativa e ao longo do curso obtendo un merecido recoñecemento.

María gañou o segundo premio do concurso de narrativa da Reboraina

Parabéns María!!!!!

  

Lucas Camiño quedou finalista no  ¨IV certame de relato curto¨ da FANPA co seu relato ¨Pesadelo en altamar¨e recibiu un diploma ademais Dun libro co seu relato e os dos outros finalistas prologado pola xenial escritora Ledicia Costas
Este relato vai a ser emitido este verán no programa de radio PONTEVEDRA VIVA 


 Parabéns Lucas!!!!!

https://soundcloud.com/luisa-dacosta/pesadelo-en-altamar

 Pincha sobre a imaxe para escoitar o relato

martes, 21 de junio de 2016

CONCURSO TEATRO RADIOFÓNICO

Xa está aberto o prazo para votar as pezas do I CONCURSO DE TEATRO RADIOFÓNICO ESCOLAR.
Os audios pódense escoitar na seguinte ligazón: https://soundcloud.com/servizo-normali…/…/teatro-radiofonico
As persoas interesadas poderán facer as súas votacións entre o 18 e o 27 de xuño a través do correo electrónico radioredondela@hotmail.com ou do teléfono do SNL, 986 400 106 (en horario de 8 a 14.30 h). Para iso cada persoa terá que identificarse e só se computará un voto por persoa para cada unha das modalidades, que son as seguintes:

PREMIO Á MELLOR DRAMATIZACIÓN RADIOFÓNICA
PREMIO Á CALIDADE LINGÜÍSTICA


Se vos gustou a nosa obra "Todo é un conto"  votadenos nunha ou nas dúas modalidades indicando o título "Todo é un conto"  e o nome do noso centro CEIP Santo Paio de Abaixo

Grazas!!!!!!