sábado, 5 de octubre de 2013

OS NOSOS PRIMEIROS CULTIVOS DE OUTONO

A volta do verán poidemos colleitar os tomates, cebolas e allos que plantáramos o curso pasado. Agora comenzamos a preparar de novo o horto. Temos que limpar as malas herbas e comenzar a plantar de novo cultivos propios desta estación.
Neste curso incorpóranse aos traballos agrícolas os nenos e nenas de terceiro, que moi ben  asesorados polos antigos alumnos, comenzaron a plantar repolos, coliflores, brecol e puerros.

 Daba gusto velos traballar xuntos!

viernes, 4 de octubre de 2013

OBSERVAMOS PLANOS

Esta semana empezamos o estudio dos planos e dos mapas  en Coñecemento do Medio e varios nenos e nenas trouxeron planos e ata unha maqueta dunha casa.
Grazas familias porque, sen necesidade de pedilo, aportastedes este material para que poidésemos ver e tocar planos reais. Seguro que a partir desta experiencia tan próxima, seralles máis doado comprender que é un plano e para que serve.

Esta é unha pequena pincelada do traballo que imos facer.


miércoles, 2 de octubre de 2013

O NOSO ACUARIO

Un ano máis os nenos e nenas de O Manantial imos a participar no proxecto Voz Natura que este ano está adicado aos ríos e aos mares. Como non podemos ter na aula nin un río nin un mar, imos ter un anaco de río: un acuario.
O curso pasado poidemos xa disfrutar desta experiencia gracias a Montse que mos montou un acuario na aula e nos asesorou para coidalo.
Neste curso, cando estes nenos e nenas entraron por pimeira vez na aula e viron un acuario valeiro, o primeiro que preguntaron foi cando lle íamos a poñer auga e criar peixes. Non eran os únicos, os Cocoricos tamén querían un.
Coidar un acuario non é unha tarefa doada, así que necesitabamos  axuda. Convidamos a nosa aula ós Cocoricos A e ós nenos e nenas de quinto A, uns expertos en acuarios que nos deronnos a primeira lección. Logo Montse, unha vez máis, compartiu con nós os seus amplos coñecementos sobre os peixes
Nós, como imos ter un acuario de auga quente, ainda temos que esperar un par de semanas antes de poder introducir os peixes, pero o dos Cocoricos, como vai a ser de auga fría, este venres xa poderán disfrutar dos primeiros exemplares.

Estamos desexando ir velos! 

 


Grazas Montse polos materiais, polo teu tempo........ e por estar ahí sempre que te precisamos.

domingo, 29 de septiembre de 2013

TEMA1 COÑECEMENTO DO MEDIO

Aquí tedes uns enlaces para que repasedes para o exame.
Clicade sobre o número para acceder as actividades
Tema 1: 1-2

TEMA1 LINGUA GALEGA

Déixovos uns cantos enlaces para que poidas practicar os contidos que estamos a traballar neste tema
Clicade no número para acceder a actividade.

Tema 1 :   1- 2 -3 -4

domingo, 22 de septiembre de 2013

APRENDEMOS A DEBUXAR CARAS

Neste curso a este blog tamén se incorporan os alumnos e alumnas de 6º B aos que lle vou a impartir clases de plástica. Así que neste recuncho iremos colgando vídeos instructivos e fotos das súas produccións artísticas.
Imos aprendendo a debuxar e caras e expersións faciais e para elo contamos coa axuda do debuxante Rick Ruiz-Dana

sábado, 21 de septiembre de 2013

O NOVO EQUIPO DO MANANTIAL

Este é o equipo que vai a manter  vivo o  manantial ao longo dos dous vindeiros cursos.

Son fantásticos!