A partir de hoxe xa non sodes os meus alumnos e alumnas!
O tempo pasa moi rápido, ainda parece que non fai nada que vos fun recoller a clase da profe Ceci e agora xa sodes nenas e nenos de 5º A. O longo destes dous cursos compartimos aprendizaxes e vivencias, eu non sei se a vós vos pasará o mesmo pero en min deixástedes unha fonda pegada. Sempre me vou lembrar deste grupo tan vital, entusiasta, repetuoso, solidario, divertido, cariñoso...... Son tantos os adxectivos que vos podería poñer que non daría rematado. Foi un pracer tanto darvos clase na aula coma levarvos de excursión, cociñar, prantar o horto.....
Ao longo deste tempo non estivemos solos, moitas foron as persoas que nos acompañaron na aula
- Luisa Gago, o meu brazo dereito, non facía falta pedirlle axuda, sempre estaba aí tanto no día a día como en todas as celebracións, saídas e actividades especiais. Botarémoste de menos!!!!
- Iñaki, veu a nosa aula cos seus aparellos para ensinarnos tanto os órganos como para contarnos como é a vida e costumes dos animais.
- Montse, montounos un acuario na aula do que disfrutamos coidando e observando os peixes. A ela lle debemos todo o que sabemos de peixes.
- Belén, visitounos en varias ocasións para falarnos dos alimentos de temporada, para asesoranos co noso horto e para construir o noso forno solar.
- Marta, a que entrevistamos para coñecer a gastronomía, clima, festas, monumentos... do país vasco.
Seguro que me esquezo de alguén, pero tamén as familias fóstedes parte unha parte moi importante nestes dous cursos colaborando e participando nas actividades.
Grazas a todos!
Nenos e nenas de 5ºA, lembrade que, ainda que teñades o voso propio blog, aquí sempre seredes ben recibidos e ademais, seguro que imos organizar algún taller para que podades vir no recreo e seguiremos cultivando o horto.
Seguide atentos ao blog xa que nuns días a vosa profe Cristina deixaravos unha mensaxe.
Bicos!!!