viernes, 30 de mayo de 2014
EXERCICIOS DE EUROS
Recuperamos a entrada cos enlaces que xa tiñamos no blog para facer actividades relacionadas coa nosa moeda
jueves, 29 de mayo de 2014
CONCURSO DE VÍDEOS DE VOZ NATURA
Un ano máis participamos no concurso de vídeos de voz natura. O vídeo que escollemos para o concurso foi:
Necesitamos os vosos votos para iso tedes que entrar no facebook de voz natura no concurso de vídeos:
https://www.facebook.com/voznatura?sk=app_154581087931912
Ides ata o final da páxina e clicades onde pon participar votacións
Entraredes onde están os vídeos dos coles. O noso vídeo é o primeiro da segunda páxina. Ao lado do vídeo tedes un cadro onde voTAR.


NON VOS ESQUEZADES TEMOS DE PRAZO ATA O 4 DE XUÑO.
martes, 27 de mayo de 2014
domingo, 18 de mayo de 2014
Día dos Xogos
Un ano máis disfrutamos do Día dos Xogos, pero este curso quixemos divertirnos e a vez ser solidarios. Renunciamos a recibir os agasallos e cada un de nós fixo a súa contribución aportando alimentos non perecedeiros para levar ao Banco de Alimentos. E para rematar, houbo un sorteo de libros e a nosa compañeira María resultou ser unha das gañadoras.
Mirade que ben o pasamos!
viernes, 16 de mayo de 2014
PERSOEIROS DE REDONDELA
Como parte do proxecto de ¨A nosa contorna¨que estamos a traballar no colexio, os nenos e nenas de terceiro quixemos investigar e coñecer a persoas da nosa vila relevantes no campo das ciencias, das artes, das letras, da politica, no deporte ..... Cada un tiña que preparar un pequeno resumo sobre o seu persoeiro e contarlle aos compañeiros os principais datos da súa biografía.
Para preparar este traballo utilizamos diversas fontes, entre elas a web ¨Anecdotario Redondelán¨ e este foi o resultado.
domingo, 11 de mayo de 2014
ANGEL BARROS MONTERO I
Este venres fomos ao Multiusos da Xunqueira para ver a exposición de pintura de Axel Barros. Alí descubrimos un gran maestro da pintura pero sobre todo un ser humano excepcional.
Da man do pintor poidemos apreciar as características das diferentes obras alí expostas.
Xa na aula vimos un documental de Redondela Tv que vos deixo aquí, xunto con outro de Canal 14 onde aparecen moitos dos cadros que vimos.
UN PLANETA CHEO DE VIDA
Estos días estamos comenzando a estudar en Coñecemento do Medio os seres vivos, a súa diversidade e os diferentes medios nos que habitan. Para que poidades repasar prepareivos estas actividades que espero que fagades con moita atención.
PARTES DUNHA PLANTA
domingo, 4 de mayo de 2014
COMPARTINDO EXPERIENCIAS
Antía e a súa familia estiveron nas vacacións de Semana Santa percorrendo o norte de Galicia e nos conta os lugares fermosísimos que visitou.
Esta Semana santa fun de vacacións a Viveiro. Alí vin lugares moi interesantes como: o monte San Roque, a área etnográfica da Insua, o Souto da Retorta, o Pozo da Ferida, a ruta dos muiños da Balea e a praia das Covas.
Tamén fomos ver a punta de Estaca de Bares e o cabo Ortegal.
No Souto da Retorta hai eucaliptos e un deles sobrepasa os 70 m. de altura, é o chamado o Avó que foi declarado Monumento Natural no ano 2000.
O Pozo da Ferida é unha impresionante cascada de máis de 30m.
A Área Etnográfica da Insua era un antigo cargadoiro de mineral e agora é un miradoiro.
No monte san Roque hai un mirador no que se mira todo Viveiro.
A praia das Covas está no centro urbano e alí hai uns arrecifes chamados Os castelos.
O Pozo da Ferida é unha impresionante cascada de máis de 30m.
A Área Etnográfica da Insua era un antigo cargadoiro de mineral e agora é un miradoiro.
No monte san Roque hai un mirador no que se mira todo Viveiro.
A praia das Covas está no centro urbano e alí hai uns arrecifes chamados Os castelos.
Na ruta dos muiños da Balea poidemos ver 7 muiños e unha serie de cascadas.
O cabo Ortegal é o segundo máis cabo máis ao norte da Península Ibérica so superado polo cabo Estaca de Bares.
No Faro de Ortegal pódesen ver Os tres aguillóns, e o oeste asómase o cabo Estaca de Bares.
Tamén fomos aos pobos de Ortigueirae Cariño onde tiñan uns parques moi bonitos.
A volta, fomos A Coruña, onde subimos a Torre de Hércules, a Casa dos peixes e a Marineda City onde xoguei aos bolos
O cabo Ortegal é o segundo máis cabo máis ao norte da Península Ibérica so superado polo cabo Estaca de Bares.
No Faro de Ortegal pódesen ver Os tres aguillóns, e o oeste asómase o cabo Estaca de Bares.
Tamén fomos aos pobos de Ortigueirae Cariño onde tiñan uns parques moi bonitos.
A volta, fomos A Coruña, onde subimos a Torre de Hércules, a Casa dos peixes e a Marineda City onde xoguei aos bolos
Seguro que todos os que non coñecemos a zona estamos desexando ir de viaxe a Viveiro.
Grazas por compartir as vosas experiencias con nós!
Grazas por compartir as vosas experiencias con nós!
FELIZ DÍA DA NAI
Espero que todas as nais disfrutedes moito de este día cos vosos fillos e fillas.
Felicidades!
jueves, 1 de mayo de 2014
O MAIO
Co fiuncho, os pampullos e as cocas que trouxemos fixemos entre todos un espectacular maio tradicional. Ademais, cada clase inventou tres coplas para cantar. As nosas, como podedes comprobar, aluden ao mes de maio pero non nos esquecemos de criticar os temas da aula.
Aquí tedes a nosa actuación!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)