jueves, 26 de diciembre de 2013
FIN DE TRIMESTRE
Espero que esteades disfrutando dunhas vacacións despois duns días moi atarefados. O xoves recibimos a visita do Paxe Real e dos Reis Magos, cociñamos e preparamos a nosa primeira festa con invitados. O venres actuamos no festival, saímos a tocar coa rondalla polas rúas próximas ao colexio e participamos das actividades organizadas pola Anpa no pavillón.
jueves, 19 de diciembre de 2013
VISITA AO MEIRANDE
Os nenos e nenas de terceiro e cuarto A fomos de visita ao museo Meirande. Ali explicáronnos como sucedeu a Batalla de Rande e poidemos ver unhas réplicas dos barcos que interviron na batalla así como canóns e ata o camarote do capitán e a bodega dun barco.
Préstamos moita atención as explicacións da guía que nos acompañou durante todo o percorrido e nos contou que ese edificio era parte dunha antiga fábrica conserveira da que ainda se conservan algunha das máquinas que alí había.
Para rematar vimos un vídeo onde se mostraban imaxes de como pido ser esa terrible batalla.
Préstamos moita atención as explicacións da guía que nos acompañou durante todo o percorrido e nos contou que ese edificio era parte dunha antiga fábrica conserveira da que ainda se conservan algunha das máquinas que alí había.
Para rematar vimos un vídeo onde se mostraban imaxes de como pido ser esa terrible batalla.
Aquí tedes un pequeno resumo da visita.
miércoles, 18 de diciembre de 2013
CONTO DE NADAL
Recuperamos esta entrada dunha fermosa historia de Nadal. É un conto moi especial, espero que vos guste tanto coma min.
martes, 10 de diciembre de 2013
TEMA 4 LINGUAS
Último tema! A repasar!
Língua castelá: palabras polisémicas, el adjetivo, describir un objeto
Mecano - Un año más (Lyrics)
Para ir practicando aquí tedes a panxoliña que imos cantar os nenos e nenas de terceiro
lunes, 2 de diciembre de 2013
A PAISAXE
Para que vaiades repasando este tema de coñecemento do medio adicado a paisaxe déixovos estos enlaces
domingo, 1 de diciembre de 2013
FEITIZOS

Todos estes feitizos e moitos máis podédelos atopar neste libro, pero se queredes ir un pouco máis lonxe e animádevos a crear os vosos propios.
martes, 26 de noviembre de 2013
TEMA 5 LINGUAS
Aquí vos deixo uns enlaces para repasar as linguas
Lingua castelá: nomes de parellas, ortografía, o xénero e o número, descrición
Lingua galega: -r ou rr, vocabulario, xénero e número
Lingua castelá: nomes de parellas, ortografía, o xénero e o número, descrición
Lingua galega: -r ou rr, vocabulario, xénero e número
jueves, 21 de noviembre de 2013
martes, 19 de noviembre de 2013
COIDAMOS A AUGA
Seguro que vos van a gustar os seguintes vídeos do profesor Súper O Recargado sobre o aforro e a contaminación da auga.
viernes, 8 de noviembre de 2013
TEMA 3 LINGUAS
Para repasar as linguas aquí tedes uns enlaces.
Lingua castelá: antónimos, nombres, signos exclamación e interrogación, palabras con c y qu
Lingua galega:vocabulario de outono, signos de interrogación e admiración, c e qu
Lingua castelá: antónimos, nombres, signos exclamación e interrogación, palabras con c y qu
Lingua galega:vocabulario de outono, signos de interrogación e admiración, c e qu
jueves, 7 de noviembre de 2013
O AIRE E A AUGA
Para estudar o tema de coñecemento do medio aquí tedes dous vídeos e un xogo.
Espero que vos gusten!
viernes, 1 de noviembre de 2013
O MEU LUGAR FAVORITO DE REDONDELA
Este curso estamos a traballar a nivel de centro o proxecto ¨A nosa contorna¨ o redor do cal realizaremos varias actividades.
Para comenzar, nada mellor que contar cal é o noso lugar favorito de Redondela para elo contamos coa axuda das familias que nos enviaron as súas fotos e lle axudaron aos nenos e nenas a cubrir unha ficha. Con este mateial elaboramos un libro que podedes ver clicando na imaxe, un vídeo e un mural con todos os traballos.
Para comenzar, nada mellor que contar cal é o noso lugar favorito de Redondela para elo contamos coa axuda das familias que nos enviaron as súas fotos e lle axudaron aos nenos e nenas a cubrir unha ficha. Con este mateial elaboramos un libro que podedes ver clicando na imaxe, un vídeo e un mural con todos os traballos.
jueves, 31 de octubre de 2013
jueves, 17 de octubre de 2013
A NOSA PRIMEIRA SAÍDA
O pasado xoves realizamos a nosa primeira saída co fin de percorrer o casco antigo da nosa vila e visitar o concello.
Baixamos andando pola rúa dos Eidos. Fixemos a primeira parada no adro da igrexia pois foi nesa zona onde seguramente se asentaron os primeiros habitantes de Redondela. A continuación paramos na praza da Alfondiga, lugar de venda de diversos produtos entre eles a semente da herba, leña, feixóns... Moi pretiño de alí poidemos ver unha das casas máis antigas da nosa vila. Baixamos ata o cruce coa rúa Telmo Bernárdez na praza do Leite que é a que marca o límite do barrio máis elitista do de pescadores da Esfarrapada. Percorremos a estreita rúa Meixón Frío e dirixímonos ata a praza da Casa da Torre. Sentados alí poidemos comparar os tipos de edificios que podemos atopar a unha e a outra beira do río Alvedosa.
A pesares de que o seu curso atravesa Reboreda, o río Alvedosa é un gran descoñecido. Observamos que neste tramo urbano, o seu cauce discurre entre muros, ten abundante vexetación onde habitan parrulos e se poden ver plásticos e bastante lixo. Andivemos uns poucos metros para ver o lugar onde se xunta co río Maceiras.
Xa non había tempo para máis, tiñamos que merendar pois o señor Alcalde estábanos esperando. No concello poidemos ver o salón onde se celebran os plenos e sentirnos como concelleiros e concelleiras votando as nosas propostas. Tamén fomos a oficina do censo e comprobamos que podían saber cal era o noso enderezo se vivíamos no concello de Redondela.
Ainda nos queda moito que ver así que dentro de nada voltaremos a percorrer as rúas da nosa vila.
Grazas señor Alcalde polo seu tempo e amabilidade!
martes, 15 de octubre de 2013
domingo, 13 de octubre de 2013
A COR
O venres pasado en Plástica estivemos aprendendo a distinguir as cores primarias das secundarias e agora toca coñecer como se obteñen as cores quentes e frías e as sensacións que transmiten.
Aquí tedes este un vídeo con todos estos conceptos.
Aquí tedes este un vídeo con todos estos conceptos.
jueves, 10 de octubre de 2013
MOITA ARTE
Os nenos e nenas de 6º B estiveron estos días aprendendo na clase de plástica a debuxar caras de personaxes de comics segundo as instruccións do vídeo do debuxante Rick Ruiz-Dana.
Traballaron con moito entusiasmo polo que o resultado foi impresionante.
Aquí tedes unha pequena mostra!
sábado, 5 de octubre de 2013
OS NOSOS PRIMEIROS CULTIVOS DE OUTONO
A volta do verán poidemos colleitar os tomates, cebolas e allos que plantáramos o curso pasado. Agora comenzamos a preparar de novo o horto. Temos que limpar as malas herbas e comenzar a plantar de novo cultivos propios desta estación.
Neste curso incorpóranse aos traballos agrícolas os nenos e nenas de terceiro, que moi ben asesorados polos antigos alumnos, comenzaron a plantar repolos, coliflores, brecol e puerros.
Daba gusto velos traballar xuntos!
viernes, 4 de octubre de 2013
OBSERVAMOS PLANOS
Esta semana empezamos o estudio dos planos e dos mapas en Coñecemento do Medio e varios nenos e nenas trouxeron planos e ata unha maqueta dunha casa.
Grazas familias porque, sen necesidade de pedilo, aportastedes este material para que poidésemos ver e tocar planos reais. Seguro que a partir desta experiencia tan próxima, seralles máis doado comprender que é un plano e para que serve.
Esta é unha pequena pincelada do traballo que imos facer.
miércoles, 2 de octubre de 2013
O NOSO ACUARIO
Un ano máis os nenos e nenas de O Manantial imos a participar no proxecto Voz Natura que este ano está adicado aos ríos e aos mares. Como non podemos ter na aula nin un río nin un mar, imos ter un anaco de río: un acuario.
O curso pasado poidemos xa disfrutar desta experiencia gracias a Montse que mos montou un acuario na aula e nos asesorou para coidalo.
O curso pasado poidemos xa disfrutar desta experiencia gracias a Montse que mos montou un acuario na aula e nos asesorou para coidalo.
Neste curso, cando estes nenos e nenas entraron por pimeira vez na aula e viron un acuario valeiro, o primeiro que preguntaron foi cando lle íamos a poñer auga e criar peixes. Non eran os únicos, os Cocoricos tamén querían un.
Coidar un acuario non é unha tarefa doada, así que necesitabamos axuda. Convidamos a nosa aula ós Cocoricos A e ós nenos e nenas de quinto A, uns expertos en acuarios que nos deronnos a primeira lección. Logo Montse, unha vez máis, compartiu con nós os seus amplos coñecementos sobre os peixes
Nós, como imos ter un acuario de auga quente, ainda temos que esperar un par de semanas antes de poder introducir os peixes, pero o dos Cocoricos, como vai a ser de auga fría, este venres xa poderán disfrutar dos primeiros exemplares.
Estamos desexando ir velos!
domingo, 29 de septiembre de 2013
TEMA1 COÑECEMENTO DO MEDIO
Aquí tedes uns enlaces para que repasedes para o exame.
Clicade sobre o número para acceder as actividades
Clicade sobre o número para acceder as actividades
TEMA1 LINGUA GALEGA
Déixovos uns cantos enlaces para que poidas practicar os contidos que estamos a traballar neste tema
Clicade no número para acceder a actividade.
domingo, 22 de septiembre de 2013
APRENDEMOS A DEBUXAR CARAS
Neste curso a este blog tamén se incorporan os alumnos e alumnas de 6º B aos que lle vou a impartir clases de plástica. Así que neste recuncho iremos colgando vídeos instructivos e fotos das súas produccións artísticas.
Imos aprendendo a debuxar e caras e expersións faciais e para elo contamos coa axuda do debuxante Rick Ruiz-Dana
sábado, 21 de septiembre de 2013
O NOVO EQUIPO DO MANANTIAL
Este é o equipo que vai a manter vivo o manantial ao longo dos dous vindeiros cursos.
Son fantásticos!
jueves, 19 de septiembre de 2013
VISITA A BAIONA

Nesta saída realizarase unha visita ao litoral no Monte do Boi
en Baiona. Iremos en coches particulares dende o Centro Social de Ventosela ás 10: 30 da mañán. Prezo 2
euros.
Animádevos a vir, seguro que que ides disfrutar tanto da natureza como das explicacións dos guías!
TEMA 1 LINGUA CASTELÁ
Comenzamos a deixarvos exercicios de lingua castelá para que poidades practicar os contidos que estamos traballando no tema 1
IMAXES DA INDIA E NEPAL
Ainda non presentamos os novos membros do manantial e xa temos a primeira aportación das familias!
A familia de Lucas Camiño mandounos unhas fermosas imaxes da India e Nepal onde o seu tío é guia de viaxes.
Grazas por compartilas con todos nós
This presentaci%c3%b3n created with Smilebox |
miércoles, 11 de septiembre de 2013
5º A XA TEDES BLOG!!!!!!
Ola nenos e nenas
Para comezar...algo divertido:
http://imaxinaescola.blogspot.com.es/
Cris
martes, 3 de septiembre de 2013
É TEMPO DE DESPEDIDAS
A partir de hoxe xa non sodes os meus alumnos e alumnas!
O tempo pasa moi rápido, ainda parece que non fai nada que vos fun recoller a clase da profe Ceci e agora xa sodes nenas e nenos de 5º A. O longo destes dous cursos compartimos aprendizaxes e vivencias, eu non sei se a vós vos pasará o mesmo pero en min deixástedes unha fonda pegada. Sempre me vou lembrar deste grupo tan vital, entusiasta, repetuoso, solidario, divertido, cariñoso...... Son tantos os adxectivos que vos podería poñer que non daría rematado. Foi un pracer tanto darvos clase na aula coma levarvos de excursión, cociñar, prantar o horto.....
Ao longo deste tempo non estivemos solos, moitas foron as persoas que nos acompañaron na aula
- Luisa Gago, o meu brazo dereito, non facía falta pedirlle axuda, sempre estaba aí tanto no día a día como en todas as celebracións, saídas e actividades especiais. Botarémoste de menos!!!!
- Iñaki, veu a nosa aula cos seus aparellos para ensinarnos tanto os órganos como para contarnos como é a vida e costumes dos animais.
- Montse, montounos un acuario na aula do que disfrutamos coidando e observando os peixes. A ela lle debemos todo o que sabemos de peixes.
- Belén, visitounos en varias ocasións para falarnos dos alimentos de temporada, para asesoranos co noso horto e para construir o noso forno solar.
- Marta, a que entrevistamos para coñecer a gastronomía, clima, festas, monumentos... do país vasco.
Seguro que me esquezo de alguén, pero tamén as familias fóstedes parte unha parte moi importante nestes dous cursos colaborando e participando nas actividades.
Grazas a todos!
Nenos e nenas de 5ºA, lembrade que, ainda que teñades o voso propio blog, aquí sempre seredes ben recibidos e ademais, seguro que imos organizar algún taller para que podades vir no recreo e seguiremos cultivando o horto.
Seguide atentos ao blog xa que nuns días a vosa profe Cristina deixaravos unha mensaxe.
Bicos!!!
martes, 27 de agosto de 2013
TAREFAS DE VERÁN SEMANA VII
Últimas actividades de agosto!!!!
En lingua castelá
tedes exercicios de palabras polisémicas e palabras con g. Clicade sobre cada número para poder acceder ás
actividades,
En matemáticas en Usa el coco imos poñer a nosa mente en forma coas actividades de Problemas
En coñecemento
do medio repasamos A Terra
En inglés
repasaremos aanimais e alimentos na lección 8 The farm school
Lengua castellana 1-2-3-4Matemáticas: problemas
Coñecemento do medio
Inglés
martes, 20 de agosto de 2013
TAREFAS DE VERÁN SEMANA VI
Máis actividades !!!!!
En lingua castelá
tedes exercicios de antónimos e acentuación. Clicade sobre cada número para poder acceder ás
actividades,
En matemáticas en Usa el coco imos poñer a nosa mente en forma coas actividades de Cálculo
En coñecemento
do medio repasamos as Etapas da historia e a Prehistoria
En inglés
repasaremos as horas na lección 7 What time is English class?
Lengua castellana 1-2-3-4Matemáticas: cálculo
Coñecemento do medio
Inglés
ROTEIRO NOCTURNO POLOS PETROGLIFOS DE AMOEDO
Este venres 23 vai ter lugar un roteiro nocturno pola parroquia de Amoedo. Da man do arqueólogo e divulgador Xosé Lois Vilar percorreranse os lugares onde se atopan as mostras máis salientables da arte rupestre. Nesta zona atópanse unha gran cantidade de petroglifos moi ben conservados que merece a pena ver.
Sairase as 21:30 da Casa da Cultura de Amoedo. Aconséllase levar lanterna e roupa de abrigo.
lunes, 5 de agosto de 2013
TAREFAS DE VERÁN SEMANA V
Ainda que con un un día de retraso aquí tedes as
tarefas desta semana
En lingua castelá
tedes exercicios de ordenar alfabéticamente, sinónimos e sílabas
tónicas e átonas Clicade sobre cada número para poder acceder ás
actividades,
En matemáticas hai sorpresa. Atopei unha páxina Usa el coco con un montón de actividades. Non
intentedes facer todas dun tirón! Comenzamos coas de razoamento.
En coñecemento
do medio repasamos as provincias
En inglés
repasaremos vocabulario do campo na lección 5 In the
country
Matemáticas: razonamiento
Coñecemento do medio
Inglés
lunes, 29 de julio de 2013
TAREFAS DE VERÁN SEMANA IV
Como vades rapaces? Disfrutando a tope das vacacións? Espero que o esteades a pasar moi , moi ben pero non vos esquezades de ler todos os días e de repasar un poco.
Haí van unha nova tanda de actividadesEn lingua castelá continuamos con exercicios de repaso de ortografía. Clicade sobre cada número para poder acceder ás actividades,
En matemáticas seguimos practicando a división
En coñecemento do medio repasamos a a función de relación nos seres humanos.
En inglés repasaremos as horas na lección 4 What time do you get up?
Lengua castellana 1-2-3-4-5
Matemáticas: por unha cifra- por dúas cifras
Coñecemento do medio
Inglés
lunes, 22 de julio de 2013
TAREFAS DE VERÁN SEMANA III
Aquí tedes unha nova tanda de actividades para facer esta semana.
En lingua castelá deixovos exercicios de repaso de ortografía. Clicade sobre cada número para poder acceder ás actividades,
En matemáticas imos coa división
En coñecemento do medio repasamos as funcións de nutrición e reprodución en animais e plantas.
En inglés repasaremos partes do corpo e prendas de vestir na lección 3 Party time!
Lengua castellana 1-2-3-4-5
Matemáticas: por unha cifra- por dúas cifras
Coñecemento do medio
Inglés
En lingua castelá deixovos exercicios de repaso de ortografía. Clicade sobre cada número para poder acceder ás actividades,
En matemáticas imos coa división
En coñecemento do medio repasamos as funcións de nutrición e reprodución en animais e plantas.
En inglés repasaremos partes do corpo e prendas de vestir na lección 3 Party time!
Lengua castellana 1-2-3-4-5
Matemáticas: por unha cifra- por dúas cifras
Coñecemento do medio
Inglés
domingo, 14 de julio de 2013
TAREFAS DE VERÁN - SEMANA II
A semana pasada estiven no extranxeiro e non vos deixei actividades no blog. Xa de volta retomamos o repaso de verán, así que xa tedes novos exercicios para esta semana.
Se tedes dubidas podedes deixar as vosas consultas nos comentarios o no correo.
Ollo que os de mates son xa de quinto!
Son un pouco difíciles pero estou segura de que seredes quen de facelos moi ben.
De inglés deixovos o mesmo enlace porque aparecen todas as leccións xuntas e cada semana podedes repasar o vocabulario dunha. Esta semana tocaría a lección 2 adicada aos números.
Lengua castellanaMatemáticas
Coñecemento do medio
Inglés
Espero os vosos comentarios para saber que tal o estades a pasar!!!!!
lunes, 1 de julio de 2013
O MEU VERÁN.....
Nos últimos días quixemos compartir cos compañeiros e compañeiras os plans que temos para este verán e tamén esos lugares que nos gustaría visitar.
Espero que se vos cumplan os vosos desexos e estedes disfrutando do tempo de ocio!domingo, 30 de junio de 2013
TAREFAS DE VERÁN - SEMANA I
Despois destes días de descanso comenzamos o noso repaso de verán. Cada semana deixareivos exercicios das diferentes asignaturas para que vaides facendo ao longo da semana.
Clicade sobre o nome da materia para acceder as actividades desta semana.
Lengua castellana
Matemáticas
Coñecemento do medio
Inglés
Clicade sobre o nome da materia para acceder as actividades desta semana.
Lengua castellana
Matemáticas
Coñecemento do medio
Inglés
lunes, 24 de junio de 2013
A NOSA DERRADEIRA CELEBRACIÓN XUNTOS
Este venres foi un día moi intenso e emotivo!
Empezábamos este último día xuntos
cunha sorpresa que os nenos e nenas me tíñan preparada: un mural con moitas mensaxes de cariño, agasallos e unha carta moi emotiva de despedida. Foi moi díficil conter as bágoas, pero para non arruinar o noso último día xuntos, tíñamos prohibido chorar ata a unha e media.
Aparte da festa de fin de curso, tamén celebrabamos o solsticio de verán, así que sacamos de novo as nosas túnicas e decorámolas con motivos de verán.
Quedaron impresionantes!
Para comer nada mellor que unha deliciosa ensalada preparada con leituga da nosa horta, froita da casa, fiambre, froitos secos e queixo. Todos alimentos moi saudables!
Era a unha e media, xa chegara o momento das despedidas. Tatiana o ano que ven vai a estar noutro grupo, adicounos unha carta preciosa. Luisa, a coidadora, non vai a estar o vindeiro ano no colexio e dende que estes nenos e nenas tiñan tres anos nos cuidou e axudou como solo ela sabe facelo.
Eu non me despido ata setembro, seguirei aquí actualizando o blog e deixando tarefas de verán.
miércoles, 19 de junio de 2013
EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO
O pasado mércores os nenos e nenas de cuarto fomos a pasar o día á praia da punta de Cesantes .Alí tivemos tempo para disfrutar da tirolina e doutros xogos do parque infantil. A parte de disfrutar deste entorno, Tania e Pablo da Cooperativa TRESPÉS acompañáronnos para ensinarnos as plantas que medran na duna que se está rexenerando e os diferentes crústaceos, algas e plantas que viven nas zonas ata onde chega a auga.. Pero ainda nos esperaba unha sorpresa: un simulacro de subasta de peixes e mariscos na lonxa.
Despois de xantar e cubrir o noso caderno de campo, aproveitamos para facer un mural por equipos para plasmar o maravilloso día que tivemos.lunes, 17 de junio de 2013
CAMPAMENTO DE VERÁN
Para os que ainda non teñades plans para este verán, vos deixo información para o campamento de verán que se vai a celebrar nas diferentes parroquias de Redondela.
miércoles, 5 de junio de 2013
A EIRUGA LARPEIRA
Levamos uns meses as voltas cos vermes de seda que despois de permanecer vintetantos días pechados nos seus casulos realizando a metamorfose, esta semana comenzaron a saír as bolboretas. Así que para o festival de fin de curso estamos preparando o conto Unha eiruga moi larpeira. Estamos todos atarefados gravando sons, música, preparando os materias e tamén o contamos en lingua de signos.
Aquí tedes un adianto do conto
domingo, 2 de junio de 2013
FESTA VOZ NATURA
Onte poidemos disfrutar da festa de da festa de Voz Natura en Culleredo. Nun entorno espectacular estaban distribuidos innumerables talleres, atraccións e exposicións dos traballos realizados polos colexios. Montar a cabalo, aprender a debuxar comics co ilustrador Pinto e Chinto, facer chaveiros, falar pola radio, practicar escalada ou facerse o carnet da garda civil foron algunha das actividades máis demandadas. Tamén houbo quen se atreveu a presentar un informativo na televisión como así o recolle o xornal .
Grazas familias pola vosa colaboración para poder participar nesta actividade!
jueves, 30 de mayo de 2013
NOS TAMÉN TE BOTAMOS DE MENOS!!!!!!
Acabo de ler un comentario que me emocionou dun antigo alumno. Por si nos les, quero dicirche que nos tamén te botamos de menos. Este venres Pablo e Brais ainda se acordaron de ti escribindo sobre as cousas boas e malas da súas vidas, dicían que unha cousa mala fora perderte como amigo.
Mañán iremos a informática e estate atento porque igual tes aslgunha sorpresa
Moitos bicos Juan!
Mañán iremos a informática e estate atento porque igual tes aslgunha sorpresa
Moitos bicos Juan!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)