martes, 16 de junio de 2020

FESTA DE FIN DE CURSO

Rematamos estes meses tan duros e intensos. Desde logo estas non son as mellores condicións pero, a pesar de todo, tentamos adaptarnos e seguir estando xuntos.
 E, para acabar, coma non podía ser doutra maneira, organizamos unha festa; houbo música, baile, xogos e ata merendola, que máis se pode pedir?


 MOI FELIZ VERÁN A TODOS, DESFRUTADE MOITO DO AIRE LIBRE, VÉMONOS EN SETEMBRO!!!

 

 


lunes, 15 de junio de 2020

ÚLTIMAS ACTIVIDADES DE PLÁSTICA

Durante este confinamento sacados todos o noso lado máis artístico. Tanto, que ás veces, as nosas obras cobran vida.

viernes, 12 de junio de 2020

ÚLTIMAS ACTIVIDADES: MURAL DE DESPEDIDA

Este curso chega ao seu fin.
Aproveitamos estes días para facer as últimas actividades e tamén para despedirnos.
Aquí vos deixo un mural cos desexos dos alumnos de quinto.

https://es.padlet.com/nivecaro_redondela/urljvr292rdf83we

miércoles, 10 de junio de 2020

A MATERIA: FERMENTACIÓN

Rematamos os experimentos da materia da semana pasada observando o proceso da fermentación. Para iso usamos levaduras para facer unha masa que levedase.
Amasamos ata 3 veces e deixamos descansar para observar ese proceso.
Logo algúns aproveitaron para facer pan ou bolos.

martes, 9 de junio de 2020

A MATERIA: OXIDACIÓN

O seguinte experimento sobre a materia da semana foi a oxidación.
Para isto puxemos rodelas de mazá en distintos líquidos: auga con bicarbonato, auga, vinagre, leite, limón e sen ningún líquido.
Despois deixamos repousar 24 horas para poder sacar conclusións.

lunes, 8 de junio de 2020

A MATERIA: FLOTACIÓN

Seguimos co tema da materia.
 Nos experimentos desta semana fixemos unha chea de cousas.
 Empezamos traballando a FLOTACIÓN.
Mirade o experimento que nos amosa Enzo e sacade as vosas conclusións.

viernes, 5 de junio de 2020

COMO MOLAN OS VENRES: XOGAMOS AO PARTY CONFINADO

Unha semana máis aproveitamos o venres para facer unha videoconferencia especial onde poder aprender xogando.
Esta semana fixemos un xogo onde nos podía tocar debuxar, facer mímica ou ter que describir unha palabra pero sen usar unha serie de palabras prohibidas.
Pasámolo xenial.