domingo, 27 de enero de 2013

CANTARELA DOS NENOS

O vindeiro mércores celebraremos nos colexios o Día da Paz con diferentes actos nos que se acostuma a cantar xuntos. Este ano a canción elexida polo noso centro é un poema do escritor Xosé Neira Vilas titulada Cantarela dos nenos.
Para ir practicando aquí tedes unha montaxe que fixeron no colexio de Barcelos en Pontevedra.

El Antiguo Egipto para niños

Achégase o entroido e xa levamos días diseñando e preparando os nosos disfraces de exipcios. Non solo imos a ivestirnos coma eles senon que tamén queremos saber onde vivían, cales eran as súas costumes, como organizaban a súa sociedade, a que deuses adoraban.... e para elo estamos realizando diversas lecturas sobre este extraordinaria civilización que chegou a durar 3.000 anos .

 Nestes vídeos tedes información moi interesante sobre este pobo. 




domingo, 20 de enero de 2013

APRENDEMOS COAS PLANTAS

Outra entrada que recuperamos do estudo que fixemos o curso pasado sobre as plantas

Na nosa a aula temos unha morea de recursos que utilizamos para o estudo das partes e das funcións vitais das plantas. Coa rosa de Xericó comprobamos como reacciona en presencia de auga e como está adaptada ao medio, igual co xacinto de auga que ten as raíces e talos diseñados para poder vivir na auga. Os tulipáns floreceron a tempo para ver as partes da flor e tamén como o talo e a flor detectaban a presencia de luz. O apio sumerxido en auga con tinta serviunos para obsevar como as sustancias suben polo talo e chegan ata as follas....
Deixamos polo momento o estudo do tema das plantas mentras continuan medrando os tomates e mimosas sensitivas que sementamos e cuidamos con moito esmero xunto co resto de plantas.
Aquí neste vídeo está un pequeno resumo de como os utilizamos para aprender.


video

OS SERES VIVOS

Auí tedes unhas actividades para repasar o tema de Coñecemento do Medio sobre as funcións vitais dos animais e as plantas.


sábado, 19 de enero de 2013

VISITA DE IÑAKI

Hoxe nos fixo unha visita Iñaki, o pai de Arrieta que é veterinario.
Primeiro nos saúdamos e a continuación empezou a diseccionar uns órganos dos aparatos respiratorio e circulatorio. Abriunos un pulmón e tamén unha tráquea para ver como eran por dentro. Logo abriu un corazón e poidemos observaR as súas partes.
Tamén vimos un ril que ao abrilo cheiraba moi mal. Outro órgano que nos gustou moito foi o cerebro.
Despois de recoller todo, ensinounos as diferencias entre cans e gatos. Explicounos, ademais, que o estómago dunha vaca  ten catro partes e que despois dun rato, a comida que tragou, vólvelle a boca e a mastica durante horas.
O que mais nos gustou foron as historias sobre a reprodución dalgúns animais. A que nos impresionou moito foi a dos corzos. As  femias teñen o celo en agosto e as crías deberían nacer nunha época en que non hai alimento así que paran o desenvolvemento do cigoto e éste está dando voltas sen estar agarrado no útero ata que chegue o mes de xaneiro, entón implántase para nacer en abril .Outra foi a da reprodución das aves porque os machos non teñen pene.
Poidemos disfrutar desta experiencia grazas a nai de Ana que nos proporcionou as vísceras e o papá de  Arrieta.
 Equipo dos Pitufos e Equipo dos Estrelas

MOITÍSIMAS GRAZAS DE PARTE DE TODOS!



martes, 15 de enero de 2013

A REPRODUCIÓN DOS CARACOIS

Recuperamos esta entrada  de Coñecemento do Medio sobre as funcións vitais dos seres vivos.
Un caso curioso e sorprendente é a reprodución dos caracois como podedes ver neste impresionante vídeo.

sábado, 12 de enero de 2013

O incrible cultivo de xacintos

Xa estamos de volta das vacacións e espérannosun trimestre con novas sorpresas moi divertidas. Unha delas foi cultivar xacintos pero non en terra senon en auga. Como non tíñamos xacinteiras, reciclamos botellas de plástico de auga ou refrescos. Preparámola cortándolle a parte de arriba e botándolle auga.
Cada equipo elaborou unhas preguntas sobre o que queríamos saber sobre os xacintos e buscamos a información en internet.
O pasamos moi ben traballando en equipo!
Esperaremos impacientes a que medren! 

Equipo Os Pitufos


martes, 1 de enero de 2013

LINGUA!!!!

Seguro que estades a disfrutar dos agasallos e do tempo de lecer coas vosas familias, pero como sei que moitos de vos seguides visitando o blog, vouvos deixar un par de enlaces  Lingua Castelá.
O primeiro e para repasar as oracións enunciativas, interrogativas, exclamativas (OLLO que aquí lle chama declarativas as enunciativas e aparece un novo tipo as exhortativas que son as que sirven para mandar, prohibir, rogar...)
O segundo e para repasar as regras de acentuación.  

A por eles e Feliz ano 2013!