domingo, 6 de mayo de 2012

EXPERIMENTOS

Para rematar co estudo do ciclo da auga fixemos tres experimentos onde se reproducen  a pequena escala  os  procesos que teñen lugar na natureza.
Construimos un terrario que consiste nun circuito pechado onde vamos a poder obsevar como a auga que  está filtrada na terra, a do no noso pequeno lago ou  a procedente da transpiración das nosas plantas se evapora, se condensa e volver a caer, mantendo constante e cantidade de auga que hai dentro do recipiente e que fará posible que medren as nosas plantas sen necesidade de regalas.
Temos un pozo para ver como a auga que se filtra na terra pasa a formar parte das augas subterráneas que poden ser extraídas  por unha bomba igual que nos pozos reais onde se saca a auga para o noso consumo, para regar os campos ou darlle de beber os animais.
Cunha pequena depuradora somos capaces de limpar a auga sucia mediante a mediante os procesos  de condensación e a precipitación.

Estas actividades forman parte das actividades cooperativas que desenrolamos na aula e cada equipo foi o encargado de realizar un dos experimentos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario