viernes, 6 de enero de 2012

AGASALLOS DOS REIS MAGOS

Seguro que hoxe estades disfrutando deses marabillosos agasallos que lle pedístedes aos Reis Magos
Dende a biblioteca, Margarida fixonos unha proposta moi divertida que consistía en escribirlle a carta aos Reis como si fósemos o protagonistas dun dos nosos contos favoritos e estas foron alguns dos agasallos que pediron:
  • Carapuchiña Vermella.- unhas plantas para que o bosque volte a ter flores e unha chaqueta nova para a avoa
  • Aladino.- unha alfombra nova, a que tiña está moi vella de pecorrer todo o mundo.
  • Cincenta.- un vestido de festa e unha criada para non ter que volver a facer as tarefas da casa.
  • Ricitos de Oro.- un peine novo e un suavizante para o pelo.
  • Branca de neve.- carapuchos novos para os ananiños.
  • Os lobos.- non se puxeron de acordo, un pediu varios quilos de chuletas porque non houbo maneira de cazar un porquiño, outro unhas zapatillas de deporte para poder correr un pouco máis rápido e así poder conseguir por fin o seu obxectivo, e o do conto de Carapuchiña, unha dentadura nova xa que lle romperon os dentes cando comeu a avoa.
Serían tan afortunados coma vos e terán xa con eles os seus agasallos?


1 comentario:

  1. PROFE SOMOS FAMOSOS TENEMOS 9012 VISITANTES BUENO NO CADA VEZ ¡MUCHO MAS¡¡¡

    ResponderEliminar