Contounos que naceu e pasou a súa infancia en Friol (Lugo) , xa de adulto desempeñou varios traballos: camareiro, vendedor de libros, comercial de roupa....., pero a súa paixón e escribir
Ten publicados con varios libros para adultos e tamén para nenos.. O primeiro libro que escribiu para público infantil foi¨ Fínisimo pó nas ás¨ que trataba dun neno que vive nunha aldea de Lugo e que ven a contar un pouco a súa vida.
Explicounos que para ser escritor é necesario ler moito e que non basta coa inspiración senon que un libro é froito do traballo de moitas horas. Escribir un libro pode levar varios anos e non sempre é fácil crear un relato.
Así a ¨ A verdadeira historia do burro Feldespato¨ xurdiu a partir de dúas historias diferentes, a de Marica Pendella e a do burro Feldespato e non daba coa forma de rematalas ata que se lle ocurriu unilas e así como xurdiu esta preciosa historia dun amor imposible entre un burro e unha bruxa.
Rara rematar recomendounos o seu último libro ¨Ke-tumba Ke-tamba¨ que estamos desexando ler e tamén nos asinou os nosos libros.
A mín gustoume moito a entrevista pero ainda teño unhas preguntas que me quedaron no aire:¿Como remata a historia?¿Haberá unha segunda parte? Estos son algúns dos misterios que quedarán sen resolver....
ResponderEliminar