miércoles, 15 de mayo de 2013

CORPOS XEOMÉTRICOS

Imos darlle un repasiño a circunferencia e círculo, as simetrías e aos corpos xeométricos



viernes, 10 de mayo de 2013

REPASO DE TEMPO E DIÑEIRO

Un repasiño para o examen de competencias

PREPARANDO O ACUARIO

Xa fai un tempo que temos a Morritos con nós, un peixe beta que trouxo Arrieta e que coidamos con moito mimo grazas as sabios consellos de Montse.
Montse estamos a descubrir o fascinante mundo dos peixes e os acuarios e viunos tan entusiasmados que nos trouxonos todo o necesario para montarnos un acuario na aula. Este martes recibimos unha sesión teórica e práctica  sobre como debemos preparar o recipiente e a auga e de este xeito ter todo listo para recibir a  uns exemplares de guppys este venres.

Grazas Montse  por todo o material que nos troxeches,  polo teu tempo e por elexirnos para compartir con nós os teus amplos coñecementos. 

miércoles, 8 de mayo de 2013

SAÍDAS PARA COÑECER O NOSO MEDIO

Estase a celebrar en Ventosela o curso Persoas e territorio. Ferramentas para coñecer o noso medio, organizado polo Centro Social a Miñoteira e coordinado pola cooperativa Trespés.
Este curso está destinado a persoas de calquer idade e consta de 16 sesións repartidas entre maio e outubro.  O curso completo  para os non socios ten un prezo de 30 euros, pero para as persoas que so lles interese participar nalgunha das saídas poderá abonar so o importe destas.
A vindeira saída é este domingo 12 de maio para percorrer a Senda da Auga, quedamos as dez da mañán no campo de fútbol de Reboreda.
A paisaxe e territorio a analizar é o val do río Maceiras onde poderemos observar e estudar tanto os elementos naturais:a xeomorfoloxía do terreo e a vexetación.... e os elementos introducidos polo ser humano destacando entre eles as liñas de  ferrocarril  construidas en tres séculos diferentes.
 Persoalmente estou asistindo ao curso e podo dicir que é impresionante todo o que se pode aprender  e sobretodo se  adquiren ferramentas para poder mirar o noso entorno con ollos diferentes.

Animádevos a vir en familia!
  Aprenderemos moito e pasarémolo estupendamente!

Para máis información podedes chamar ó  ao teléfono 634 817422

 Aquí vos deixo unha pequena mostra das dúas primeiras sesións



sábado, 4 de mayo de 2013

FELICIDADES MAMÁS!

Neste día tan especial para moitas de nós os vosos fillos e fillas teñen algo que decirvos.


Hai unhas mensaxes moi especiais!
BO DÍA!

jueves, 2 de mayo de 2013

REPASO DAS HORAS

Reecuperamos os enlaces do ano pasado para repasar as horas






miércoles, 1 de mayo de 2013

SAÍDA A PONTEVEDRA

Este luns os nenas e nenos do 2º Ciclo desprazámonos a Pontevedra . Primeiro asistimos a un a espectáculo de música tradicional galega no Centro Social de Caixanova no que poidemos escoitar regueifas, cantares de cego,  muiñeiras, valses, mazurcas.... Despois de descansar e tomar a nosa merenda na praza da Ferrería esperábanos Raquel, unha guía da oficina de turismo que nos ensinou os recunhos máis destacados desta fermosa vila. Comenzamos alí mesmo nesta praza e no noso percorrido e pasamos pola  praza da Verdura, a praza da Leña, a praza do Teucro e finalizamos na praza de España. 
Non nos deu tempo a máis así que voltamos ao colexio coa intención de voltar coa a nosa familia e contarlles todo o que aprendemos.