miércoles, 30 de enero de 2019

MÁIS FÍSICA E QUÍMICA NA CORUÑA

Onte fomos pasar o día a Coruña. 
Aproveitando o tema do centro, visitamos o MUNCYT, museo de ciencia e tecnoloxía e a Casa das Ciencias. 
No Muncyt participamos nun taller de construcción moi interesante onde traballamos en equipo e tivemos que seguir estratexias para ter éxito. Completamos a actividade visitando o museo. 
Despois de comer fomos a casa das Ciencias. Aprendemos unha chea de cousas sobre os exoplanetas no planetario e despois tocamos, manipulamos e xogamos con todo o que estaba o noso dispor na casa das ciencias. ATA VIMOS NACER UN PITIÑO 
Foi un día moi intenso e divertido!!! 

QUE BEN O PASAMOS CANDO IMOS DE EXCURSIÓN

CERTAME DE RELATO CURTO "NON TE DURMAS"

Un ano máis a FANPA convoca o concurso de relatos curtos para o alumnado de primaria e secundaria.
Coma podedes ver no blog do concurso:
Un relato curto narra unha historia ficticia nun pequeno espazo de tempo, con poucos personaxes, con descricións breves e escasas divagacións. Mostra o que ocorre e ensina a historia a través dunha acción estruturada deixando ao lector que deduza parte

BASES DO CONCURSO:

1º Os relatos deberán ser orixinais, inéditos, non premiados noutros certames, de temática libre e escritos en lingua galega. Cando se promovan dende os colexios e institutos, serán descartados os grupos de relatos de temática semellante.
2º Poderán presentarse todos os alumnos e alumnas dos centros públicos da provincia de Pontevedra de primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional. Tamén poderán presentarse as persoas adultas (familiares, profesorado e alumnado universitario dos campus de Pontevedra e Vigo).
3º Cada autor/a só poderá presentar un relato que terá unha extensión mínima de 200 palabras e máxima de 300. Estará escrito en Times New Roman, de tamaño 12 pt. e interliñado de 1,5 liñas.
4º Os relatos enviaranse en arquivos en formato .doc, .docx ou .odt ao enderezo de correo electrónico certame.relatocurto@nontedurmas.org
5º Enviaranse dous arquivos no mesmo correo:
1. Denominado DATOS (este ficheiro é para a organización) no que figurará o relato completo e os seguintes datos do/a participante:
• o pseudónimo utilizado
• o nome e apelidos do autor/a
• o curso do alumno/a
• o centro escolar onde estuda o alumno/a
• o correo electrónico persoal
• o teléfono persoal
• o relato
2. Denominado RELATO (este ficheiro é para o xurado) no que figurará:
• o título do relato
• o relato
• o pseudónimo utilizado
• a categoría (primaria, secundaria, bacharelato/formación profesional
ou adultos).
6º O prazo de envío dos textos finalizará o 28 de febreiro de 2018.

Tedes máis información clicando na imaxe.
ANIMO!!! E ADIANTE CON ESAS HISTORIAS!

http://blogs.nontedurmas.org/certame/

miércoles, 23 de enero de 2019

INSPIRACIÓN PARA GALICIENCIA

O tema deste ano de Galiciencia non é sinxelo pero estamos seguros que se lle dabas voltas podedes atopar ideas xeniais.
Lembrade que sacamos o ferro dos cereais, que vimos un superalimento coma o kefir, a maxia dos ovos, que podemos facer pequenos experimentos cos alimentos para dectetar almidón, colorantes... o exceso de azúcre no que comemos, o etiquetado... Tamén temos unha horta...
Aquí vos deixamos algúns vídeos que igual vos inspiran!!!


MAQUETA DO APARATO DIXESTIVO
A QUE NON O SABÍAS?
CUIDADO DO EXCESO DE HIXIENE
CENOURAS MUTANTES

martes, 22 de enero de 2019

viernes, 18 de enero de 2019

FACENDO VISIBLES ÁS INVISIBLES, PROXECTO DO 2º TRIMESTRE

Xa sabedes que os venres son diferentes e aproveitamos este para comezar o noso proxecto para este trimestre relacionado co PDI do centro.
Este ano imos adicar o curso a física e química e o profesorado pareceunos axeitado adicar o 2º trimestre a coñecer científicas mulleres, xa que, habelas hailas e a escola debe dar modelos femininos, ademais dos masculinos, porque todos necesitamos referentes para alcanzar as nosas metas
Hoxe os sextos comezamos o noso traballo escoitando a Sara Gómez, enxeñeira que falou do seu papel nunha carreira especialmente desempeñada por homes. 
Despois do vídeo puxémonos mans a obra. 
Aquí tedes un resumo. 

martes, 15 de enero de 2019

COMO MOLAN OS VENRES 2º TRIMESTRE

Comezamos trimestre con ideas renovadas, novos proxectos e propósitos pero tamén continuamos con aquelas cousas que funcionan e, ademais nos gustan. E que mellor xeito de facelo que coas nosas actividades dos venres?

lunes, 14 de enero de 2019

Colocación do pronome átono

Quen dixo que colocar o pronome átono en lingua galega era díficil?
A parella poética e musical Lucía Aldao e María Lado  dannos unha lección sobre a colocación do pronome persoal átono, coa axuda de... Rocío Jurado.




Quen se anima a xustificar a posición do pronome antes ou despois do verbo?
Como eu te amo, como eu te amo,
convéncete, convéncete,
ninguén te amará.
Como eu te amo, como eu te amo,
esquécete, esquécete,
ninguén te amará,
ninguén te amará.
Ninguén porque
eu, eu ámote coa forza das mareas,
eu, eu ámote co impeto do vento,
eu, que te amo na distancia e no tempo,
eu, eu ámote coa alma e coa carne,
eu, que te amo como o neno á súa alborada,
eu, que te amo como o home ao seu recordo,
eu, que te amo a puro berro e en silencio,
eu, que te amo dunha forma sobrehumana,
eu, que te amo na alegría e no pranto,
eu, que te amo no perigo e na calma,
eu, que te amo cando berras, cando calas,
eu, que te amo tanto, eu ámote tanto, eu...

lunes, 7 de enero de 2019

ANTES DE COMEZAR... FACEMOS UN POUCO DE MEMORIA?

ARRANCAMOS!!! TOCA COMEZAR UN NOVO TRIMESTRE.
Pero, antes... así foron os últimos días antes de comezar as vacacións.