viernes, 20 de diciembre de 2019

Lección 8: postal de nadal con Scractch

Seguimos aprendendo a manexar Scractch. Esta semana, aproveitando o nadal, fixemos postais interactivas. 
Para ser a primeira vez saíronnos moi ben.


miércoles, 18 de diciembre de 2019

CATÁSTROFES DEPORTIVAS, A NOSA PONENCIA

Esta semana cada aula está presentando o seu traballo relacionado cos deportes ao resto dos compañeiros. 
Hoxe foi a nosa quenda e, aínda que tivemos algún contratempo, fomos quen de atopar solución e fixemos unha presentación fantástica. 
Mirade, mirade!!!

martes, 17 de diciembre de 2019

DECORACIÓN DE NADAL

Aproveitamos as clases de plástica finais do trimestre para facer a decoración dos corredores.
Desta volta, acibro!!!

lunes, 16 de diciembre de 2019

ROBÓTICA 7: 2ª LECCIÓN DE SCRACTCH

Outro semana máis estivemos traballando Scratch.
Estivemos programando unha persecución e, aínda que nos deu traballo, finalmente conseguímolo.

viernes, 13 de diciembre de 2019

ROBÓTICA 6: SCRACTCH

Seguimos traballando contidos STEM na aula pero desta volta usamos o programa Scractch, un programa de software libre para aprender a crear videoxogos usando a linguaxe computacional.
Fixemos unha prática moi sinxela pero pasámolo moi ben.
A próxima semana máis.

jueves, 12 de diciembre de 2019

A ASAMBLEA FEMINISTA PAXARETAS VISITA AS NOSAS AULAS PARA FALAR DE MÚSICA E FEMINISMO

Dentro das actividades programas para commemorar o 25N e dentro do Plan de Igualdade do noso centro, levamos a cabo unha actividade en colaboración coa Asociación Paxaretas para falar de violencia de xénero e música.
Analizamos xunto a Maica e María a música que escoitamos e o resultado foi moi, pero que moi sorprendente. 
Mirade!

MOITAS GRAZAS A PAXARETAS POR UNHA CHARLA TAN AMENA E INSTRUTIVA. UN PRACER PODER CONTAR CONVOSCO DE NOVO. DE SEGURO QUE NON SERÁ A ÚLTIMA

 

miércoles, 11 de diciembre de 2019

PDI DOS DEPORTES: CHARLA DO MUDEGA

Este ano estamos traballando moito ao redor do deporte dende diferentes ámbitos.
A semana pasada tivemos a sorte de contar co Mercedes Barrientos deportista da Federación Galega de Taekwondo durante os últimos 36 anos, cinto negro 6º Dan, árbitra e adestradora de Taekwondo. Veu acompañada de Carla Abad, xogadora e adestradora de balomán.
Tivemos unha intersante charla sobre deporte feminino e antes de marchar deixáronnos un agasallo, unha exposición de deporte feminino que teremos no cole durante o segundo trimestre.
Pasámolo xenial e aprendemos unha chea.
Aquí tedes un resumo.

viernes, 6 de diciembre de 2019

PDI DOS DEPORTES: EXPOSICIÓNS

Os equipos levan todo o trimestre traballando sobre os deportes. 
Cada equipo tiña asignado un pequeno traballo de investigación e esta semana chegou a hora de facer a defensa oral dos mesmos. 
Estamos moi contentas co traballo feito polos equipos, usaron a rede de xeito eficiente para buscar información, seleccionaron os contidos que máis se achegaban aos seus traballos, fixeron guións, manexaron ferramentas web novas e fixeron unhas boas defensas. 
So tedes que botar un ollo!!!

 

jueves, 5 de diciembre de 2019

25 de novembro: A PORTA VIOLETA

Outra das actividades que levamos a cabo para celebrar o 25 de novembro foi interpretar cos nosos debuxos a canción de "La puerta violeta"  de Rozalén e así nos quedou.


miércoles, 4 de diciembre de 2019

FACEMOS BOLBORETAS

Os venres son o mellor día da semana:
Temos talleres,
 Plástica e...
 chega a finde!!!
Que máis se pode pedir?

martes, 3 de diciembre de 2019

lunes, 2 de diciembre de 2019

viernes, 29 de noviembre de 2019

jueves, 28 de noviembre de 2019

25 DE NOVEMBRO

Os alumn@s de quinto sumámonos a conmemoración do Día Internacional pola Eliminación da Violencia de Xénero.

miércoles, 27 de noviembre de 2019

ROBÓTICA 4: DOBRE SEMÁFORO E SENSOR DE LUZ

Seguimos aprendendo a programar coa placa base. 
Facemos a última práctica a partir do semáforo e comezamos o uso de novos sensores.


viernes, 22 de noviembre de 2019

martes, 19 de noviembre de 2019

FACENDO GATOS

Aproveitando a celebración do Samaín e usando material de refugallo fixemos uns simpáticos gatos. Mirade que ben quedaron!


lunes, 18 de noviembre de 2019

OS DEPORTES: PERFILANDO O TRABALLO DOS EQUIPOS

Os equipos de A e B levan semanas traballando os Deportes. 
Cada equipo ten un tema a partir das ideas que se recolleron nos primeiros días, a partir de aí, buscaron información na rede e fixeron un posible guión cos puntos a desenvolver nun traballo de investigación.
O pasado martes foi o momento de poñer en común os puntos de cada guión para facer unha autoavaliación grupal e poder comezar a investigación propiamente dita.
Aquí tedes as exposición que foron moi interesantes.

 

sábado, 16 de noviembre de 2019

viernes, 15 de noviembre de 2019

AS CÉLULAS DO SANGUE

O xoves tivemos unha convidada moi especial, a nai de Martiño veu falarnos sobre as células do sangue.
Ademais trouxo un microscopio para que puideramos observar as células.
Foi super interesante!
MOITÍSIMAS GRAZAS A CONCHI

Rematamos o tema con este vídeo de "Erase unha vez la vida" para de afianzar conceptos e repasar algunhas das cousas que vimos con Conchi.


jueves, 14 de noviembre de 2019

AS CÉLULAS DA CEBOLA

Seguimos traballando sobre a célula.
Nesta ocasión imos ver as células da cebola cun microscopio. Iso require seguir unha serie de normas para que a nosa mostra sexa válida e poidamos vela ben
Lemos entre todos as instruccións e cada equipo prepara a súa mostra.
Despois imos vendo as células no microscopio.

sábado, 9 de noviembre de 2019

ENTENDENDO A CÉLULA

Non hai mellor xeito de aprender que facelo de xeito prático.
Sabedes as partes que ten unha célula?
Antón volo explica:

viernes, 8 de noviembre de 2019

ROBÓTICA: TUNEANDO O NOSO SEMÁFORO

Seguimos programando, esta semana seguimos traballando co semáforo que xa programamos a semana anterior, o que fixemos foi facer que o ambar fose intermitente e facer un semáforo con pulsador, que ao clicar se volva vermello.


jueves, 7 de noviembre de 2019

O UNIVERSO

Empezamos o temario de ciencias sociais viaxando ao universo.
Subídevos a nosa nave especial que despegamos!!!

sábado, 2 de noviembre de 2019

A CÉLULA

En ciencias naturais estamos traballando a célula. Comezamos facendo por parellas a parte teórica buscando información na rede e creando os nosos propios temas. Despois chegou a parte de traballo por equipo. Cada equipo fixo unha maqueta dunha célula e logo presentounola ao resto da aula. Mirade que ben o fixeron!


jueves, 24 de octubre de 2019

PRIMEIRA SAÍDA, PRIMEIRA ACTIVIDADE VOZ NATURA

LIMPEZA NA PRAIA DE CESANTES

Xa estamos listos para comezar as nosas fazañas medioambientais e nun curso coma este onde queremos acabar co plástico dos nosos océanos que mellor xeito que comezar facendo unha limpeza na praia onde os nosos alumn@s van pasar os días de verán?
 Contactamos co colectivo Alecrín para levar a cabo unha limpeza guiada e o máis produtiva posible e non podiamos ter feito mellor elección. Ana, a nosa monitora contounos unha chea de cousas sobre a praia de Cesantes, a súa biodiversidade e coma o vento dispón os residuos da praia nun lugar ou noutro segundo sopre. Tamén comprobamos o deterioro sobre a duna e coma as nosas acción teñen un impacto directo no medio. Logo organizámonos en equipos e comezamos a recollida nas algas acumuladas na beira. Ao principio parecía que a praia estaba bastante limpa pero en canto empezamos a separar algas atopamos de todo. 
Foi unha maña moi produtiva. Ao rematar, sentámonos para analizar os nosos achados e sacar conclusións en equipo. 
E isto é so o inicio.
Seguide atentos porque este ano imos plantar batalla ao cambio climático! 


miércoles, 23 de octubre de 2019

ROBÓTICA: EMPEZAMOS A PROGRAMAR A PLACA BASE

Os xoves son días de robótica.
Despois de ver o nome dos distintos compoñentes do noso kit de robótica comezamos a programar.
E... así o fixemos!


martes, 22 de octubre de 2019

QUE É UN AULA EDIXGAL?

Este ano estamos cheos de novidades. Entre elas que as nosas aulas son aulas Edixgal pero, que significa iso? 
Non hai un único xeito de ser aula Edixgal. O proxecto dota as aulas de quinto e sexto de equipos informáticos e pretende incluír as novas tecnoloxías no día a día do noso alumnado. 
Para nos ser un aula Edixgal é a posibilidade de traballar todos ao mesmo tempo de forma distinta, cada un ao seu ritmo, sendo responsables e autónomos. Aprender a buscar e escoller información, ter múltiples opcións de traballo, presentar traballos de xeito moi diverso, estar máis motivados e, todo isto, sen esquecer o papel. 
É posible? 
Comprobádeo por vos mesmos?


miércoles, 16 de octubre de 2019

PDI "Os deportes"

Este ano o tema do centro son "Os Deportes".
As aulas de quinto, unha vez máis, estamos traballando xuntas para desenvolver o proxecto.
Estivemos facendo unha recollida de ideas previas e aproveitamos para ver unha entrevista a Laia Palau e responder en equipo a preguntas relacionadas coa entrevista.
O traballo dos equipos foi moi interesante e algunhas das conclusións dan que pensar.
Mirade que ben o fixeron.


martes, 15 de octubre de 2019

TALLERES INTERNIVELARES

Os venres son un día moi especial para nos. A terceira hora deixanos as nosas aulas habituais para aprender dun xeito máis lúdico e activo. 
Temos organizados dez equipos co alumnado de todo o centro. En cada equipo hai alumn@s dende 3 anos ata os 12. Así mesmo temos 10 talleres nos distintos espazos do centro: XOGAMOS, COSE QUE TE COSE, UNHA DO DEREITO E UNHA DOS REVÉS, ADORNOS CON MATERIAL DE REFUGALLO, FÍOS, EMOCIÓNS, EXPRESIÓN CORPORAL, LUZ NEGRA, CONSTRUCCIÓNS... 
Cando toca o timbre o alumnado distribúese polos talleres que lle corresponden esa semana, de xeito que, cada venres, cada equipo vai a un taller distinto e, ao rematar o trimestre, todos terán pasado por todos os talleres. 
O alumnado de sexto encárgase de coller ao alumnado de infantil, levalo ao taller e devolvelo a aula ao remate das mesmas. É un xeito de aprender fóra do espazo estructurado, de compartir saberes con alumn@s distintos ao grupo clase, de que os maiores titoricen a os pequenos, de facer intercambios con outras idades e, sobre todo, aprender a aprender facendo. 
Aquí tedes un resumo da primeira sesión:


lunes, 7 de octubre de 2019

sábado, 5 de octubre de 2019

EMPEZAMOS A USAR OS ORDENADORES

Este ano iniciamos unha nova aventura.
Todos temos que ir acostumándonos a esta nova situación.
Hoxe comezamos dándonos de alta para usar o material interactivo e aprendendo a encender e gardar os equipos.


viernes, 4 de octubre de 2019

COMO ESTUDIAR? AS PALABRAS CHAVE

Imos ir aprendendo técnicas de estudo. 
Comezamos coas palabras chave. 
Botádelle un ollo a publicación para saber que son e como se usan.

https://issuu.com/nivecaro/docs/tipo_de_alumno

jueves, 3 de octubre de 2019

APRENDEMOS A ESCRIBIR NO ORDENADOR CON TODOS OS DEDOS?

Este ano somos centro Edixgal e estamos comezando a traballar cos portátiles. 
Un dos problemas que temos é que non sabemos onde están as letras e escribimos moi lento. 
Para mellorar isto xa tedes no site de recursos un apartado con xogos para aprender a colocar os dedos no teclado e praticar.
Nos vos esquezades de botarlle un ollo. 
Tedes o enlace no apartado de robótica do apartado de recursos "O manantial" ou clicando na imaxe:

https://omanantialsantopai.wixsite.com/misitio/aprendendo-a-escribir-no-ordenador

Á HORA DO CÓDIGO: ANGRY BIRDS

Á hora do código é un movemento global no que participan máis de 180 países e onde participan millóns de estudiantes. É unha proposta educativa para achegar a linguaxe computacional ao alumnado das nosas aulas. Temos que dicir que unha das actividades que máis nos gusta para introducir ao noso alumnado na materia de robótica. Hoxe fixemos a primeira práctica xogando aos Angry birds.
Podedes seguir xogando na casa, ben facendo unha conta para que vos garde sesión ou coma convidados. Neste caso non garda sesión e sempre teredes que comezar de 0.

O enlace para xogar está clicando na imaxe:

https://studio.code.org/hoc/1

Como podo facer unha conta? 

Isto non é necesario e é totalmente voluntario. Sen facer a conta tamén podedes xogar.

 Imos explicarvos os pasos a seguir.

1. Na parte superior dereita pon Iniciar sesión, clicade:

2. Ao clicar sae o seguinte menú, debedes clicar en crear una cuenta:

3. Cubride a folla. Marcade que sodes estudiantes. Pide unha conta de correo así que pedidelle axuda aos vosos pais e que poñan unha conta de correo deles. Ao final da folla tedes que clicar no dos termos de uso e uso de datos (É O QUE MENOS NOS GUSTA DA PÁXINA)
 4. Xa tedes a vosa conta lista:
Isto fai que poidades gardar os avances e seguir aprendendo dende a última sesión á que xogástedes.
Coma veredes na páxina hai moitos xogos. A nosa recomendación é que comecedes polos Angry Birds e logo vaiades probando.

ÁNIMO E A PROGRAMAR!!!



lunes, 30 de septiembre de 2019

OS VENRES MOLAN: COCIÑAMOS?

Un ano máis o venres van ser o noso día máis lúdico.
Este ano temos unha novidade que xa vos contaremos pero, mentres tanto, os venres xa estamos facendo cousiñas.
O primeiro venres tocou facer taller de cociña por equipos.
Fixemos 5 equipos, cada un encargábase de facer unha receita. Primeiro cada equipo tivo que descifrar a súa receita a través de diferentes probas. Coas receitas listas foi a hora de cociñar.
E rematamos merendando todo o feito!


TALLER DE MATE

Este curso estamos informatizados así que imos mudar a metodoloxía, a ver que tal se nos da. 
Comezamos co taller de mate. 

https://omanantialsantopai.wixsite.com/tallermate

viernes, 27 de septiembre de 2019

PRIMEIROS DÍAS

Queriamos facer un vídeo de presentación dos novos alumn@s pero non damos feito.
Coma non queremos que iso nos impida arrancar, aquí van algunhas das dinámicas dos primeiros días.


jueves, 19 de septiembre de 2019

AS MATES MOLAN!!

Estamos aproveitando estes primeiros días para coñecernos.
Tamén estamos recordando contidos a través de xogos.
Estes días xogamos bastante cos números porque as mates molas pero, normalmente, teñen mala prensa.
Queredes poñervos a proba?
Podes adiviñar un número entre 1 en 1000 en 10 intentos ou menos?

https://proyectodescartes.org/miscelanea/materiales_didacticos/Adivinanumero-JS/index.html

miércoles, 18 de septiembre de 2019

miércoles, 26 de junio de 2019

CONCURSO DA REBORAINA

Deixámosvos aquí o relato "Sen identidade", da nosa compañeira Alba Pérez que foi o relato gañador do XX concurso da Reboraina. 
Noraboa!!!

CELEBRANDO O FINAL DE CURSO

Días antes de marchar de vacacións aproveitamos para facer a festa de despedida. Fomos ao supermercado, por equipos mercamos os ingredientes para facer paninis e unha tarta de obleas.
 Xa no cole tivemos unha sesión de cine, comida colectiva, xogo libre e rematamos con xogos moi divertidos. 
Foi un día xenial!!!

viernes, 21 de junio de 2019

PROXECTOS STEM

Este trimestre foi moi curto pero moi intenso. 
Traballamos arreo e adicamos os últimos días a rematar os nosos proxectos STEM para ensinar na feira. 
Mirade coma o fixemos. 


jueves, 20 de junio de 2019

miércoles, 19 de junio de 2019

ÚLTIMO TEMA DE NATURAIS: LUZ E SON

Rematamos o curso cun novo tema de naturais. 
Unha vez máis as parellas fixeron o tema teórico e despois, por equipos levaron a cabo a parte práctica. Nesta ocasión cambiamos as maquetas por experimentos que nos facilitaran entender mellor o tema. Aquí tedes o resultado 
BRAVO A TODOS OS EQUIPOS PORQUE O FIXÉSTEDES MOI BEN!!!

lunes, 17 de junio de 2019

ASÍ FOI A NOSA GRADUACIÓN 2

Despois das actuacións chegou o momento de facer a nosa entrada.
 Todos nos seus postos que imos descubrir coma foi de dura a "etapa escolar"

domingo, 16 de junio de 2019

ASÍ FOI A NOSA GRADUACIÓN

O venres foi un día cheo de emocións.
Preparamos a nosa graduación con moito agarimo. 
Queriamos que fose especial, diferente e nosa, coma levan sendo estos dous anos. Así que nos xuntamos os dous sextos, deseñamos que queriamos facer e con todas esas ideas, puxémonos mans a obra. Ensaiamos e traballamso moito para que todo saise perfecto e así foi. 
Empezamos.
Así recibimos ás familias.
Despois desta benvida, deronnos ganas de darnos un chapuzón... Xa fresquiño cheo a hora de ir ver unha película tranquiliños e felices, inda que no cine ás veces pasan unhas cousas...

sábado, 15 de junio de 2019

XA NON QUEDA NADA!!!

O venres celebramos a nosa graduación. 
Debía ser un día de festa, alegría e diversión. Conseguímolo "a medias". 
En breve iremos colgando todo o que fixemos, de momento, un recordatorio en fotos de algunhas das cousas que fixemos ao longo destes dous cursos.

miércoles, 12 de junio de 2019

EU VOU COMIGO

Os alumn@s de alternativa levamos meses traballando para facer unha película de stop-motion do conto "Eu vou comigo". 
Gustaríanos tela feito mellor pero cunha hora a semana e, ás veces, nin iso, fixemos o que puidemos. 
Para ser a nosa primeira incursión no cinema non está nada mal!!!

miércoles, 5 de junio de 2019

ÚLTIMO TALLER DE ROBÓTICA COS COMPAÑEIROS DE TERCEIRO

Este martes rematamos os talleres de robótica interniveis.
Unha semana máis compartimos os nosos coñecementos pero, ademais, esta sesión tivo sorpresa!!!

jueves, 23 de mayo de 2019

CANAL DE EXPERIMENTOS O MANANTIAL: O GLOBO

Nova entrega do noso canal.
Esta semana Xoel e Paula fixeron unha experiencia casi incrible.
Parece maxia!!!, pero é física!
Atentos!

miércoles, 22 de mayo de 2019

NOVO SESIÓN DE ROBÓTICA COS ALUMNOS DE 3º

Unha semana máis voltamos a ter sesión de robótica na aula. 
Os compañeiros de terceiro volveron visitarnos para pasar unha sesión robotizados!

martes, 21 de mayo de 2019

AS MÁQUINAS SIMPLES

Os alumn@s de sexto levamos semanas aprendendo unha chea de cousas sobre as máquinas.



Chegou á hora de compartir convosco todo o que sabemos.

lunes, 20 de mayo de 2019

DÍA DOS XOGOS 2019

Un ano máis aproveitamos a Semana das Letras para celebrar o día dos Xogos Solidarios.
Os alumn@s de sexto fomos os encargados de organizar xogos para os nosos compañeiros. 
Na aula escollemos varios xogos, uns con máis éxito ca outros pero, inda así, foi unha xornada extraordinaria de convivencia xogando con compañeiros de todas as idades.
Aquí tedes un resumo!!!

jueves, 16 de mayo de 2019

ACTIVIDADES DENTRO DA CELEBRACIÓN DA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Comezamos a semana cunha sesión organizada pola profe Isabel de música para coñecer a parte máis física da música dentro do proxecto de centro, "Física e Química". Para isto, a profe convidado ao centro a Paulo Pascual, compositor, guitarrista e theremista. Paulo veu co seu theremín e contounos unha chea de cousas sobre este estraño instrumento e ademais fíxonos desfrutar enormemente coa súa música. 
Aquí vos deixamos unha mostra.

miércoles, 15 de mayo de 2019

GALICIENCIA 2019

Un ano máis volvemos a presentar ideas para participar en Galiciencia e, un ano máis, tivemos a sorte de ter 5 proxectos escollidos.
 Alba P e Alba S nos amosaron coma poder observar o ADN dos amorodos, Sergio e Rebe cultivaron bacterias e nos ensinaron unha chea de cousas sobre elas, Naiara e María fixeron un microscopio caseiro para poder observar a nosa saliva, Vero e Soraya nos aconsellaron bos hábitos alimentarios usando un tubo dixestivo e, finalmente, David e Paula nos amosaron canto azucre consumimos sen ser conscientes. Comezamos o día con pouco público pero despois non tivemos descansa. Tamén nos visitaron o resto dos nosos compañeiros que desfrutaron da feira e participaron en dous talleres relacionados cos bos hábitos alimenticios. Pasámolo xenial.




martes, 14 de mayo de 2019

VOLVEN OS TALLERES DE ROBÓTICA COS COMPAÑEIROS DE TERCEIRO

Imos rematar o curso cunha nova rolda de talleres de robótica.
Os nosos compañeiros de terceiro van subir os martes para facer robótica connosco.
Este trimestre imos traballar con Dash ensinándolle a debuxar.
O grupo de Scracth vainos ensinar a cambiar de esceario e a programar un pequeno videoxogo.
O equipo de mbot vainos amosar coma programar o noso robot para que siga liñas e, finalmente, o equipo dos sensores vainos ensinar a programar un detector de ruido para a aula.
Aquí tedes un resumo da primeira sesión.

lunes, 13 de mayo de 2019

CANAL DE EXPERIMENTOS O MANANTIAL: CANTO PESO PODEN SOPORTAR OS OVOS?

María e Rebe son as protagonistas deste novo vídeo onde nos contan e amosan unha chea de cousas moi, moi interesantes sobre os ovos.
Non perdades detalle.

viernes, 10 de mayo de 2019

CANAL DE EXPERIMENTOS O MANANTIAL: XIRANDO UN BALÓN DE BALONCESTO

Nova entrega de experimentos do noso canal.
Brais e Gabi cóntanos algunhas cousas moi interesantes de coma xira un balón co dedo.



Queredes ver o vídeo do record mundial???

jueves, 9 de mayo de 2019

MAÑÁN IMOS A GALICIENCIA

Xa case chegou o día.
Os equipos que van ao stand levan varios días dándolle forma aos últimos detalles.
 A ver que tal nos vai mañá.

lunes, 6 de mayo de 2019

CELEBRAMOS O DÍA DA ÁRBORE

Un ano máis e seguindo a tradición celebramos o día da árbore. 
Este ano tocounos ir a Ventosela. Plantamos castiñeiros e logo fomos a zona da cultural a merendar e xogar. 
AQUÍ TEDES UN RESUMO

A NOSA HORTA

Reforzamos a horta e agora temos bancais, pero, os cultivos parece que non acaban de querer saír...

viernes, 3 de mayo de 2019

PRACTICANDO OS VERBOS

Xa sei que é moi traballoso memorizar os tempos verbais, pero non desesperedes, aquí tedes unhas actividadades que seguro que vos van axudar.
A por eles que non son tan díficiles!!!!!

COMO MOLAN OS VENRES: COMEZAMOS O 3º TRIMESTRE

Xa estamos de volta coas pilas ben cargadas.
Iniciamos o noso proxecto dos venres xogando, o mellor xeito de activarse e coller forzas para afrontar o final de trimestre.
Rimos moito e compartimos uns bos momentos de xogos. Comezamos xogando ao Tragabolas. Lembrades aquel xogo onde os hipopótamos comían as bolas do taboleiro? Pois a iso xogamos, so que os tragabolas eran os propios alumn@s. Non vos dou máis detalles.
Logo xogamos ao baloncesto cun cesto móvil.
Mirade coma nos foi.

miércoles, 24 de abril de 2019

VISITAMOS A CÁMARA ANECOICA DE TELECO

A profe Isa organizounos unha fantástica visita a Universidade de Telecomunicacións dentro do proxecto de "Física e Química" para ver a cámara semianecoica
Trátase dun laboratorio onde se aillan totalmente os ruídos externos xa que as paredes tragan todos os rebotes do son. 
Pero, mellor que contárvolo podedes velo.

Completamos o vídeo facendo unha camiñata pola senda do río Eifonso.

martes, 23 de abril de 2019

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

A profe Luisa pasounos uns textos do libro "O regalo de ler".
Lémolos por parellas, sacamos as ideas principais e, a partir destas lecturas, cada parella escribiu o seu propio "Agasallo de ler".

sábado, 13 de abril de 2019

viernes, 12 de abril de 2019

miércoles, 10 de abril de 2019

CANAL DE EXPERIMENTOS O MANANTIAL: A PONTE MÁIS RESISTENTE DO MUNDO 2

Unha semana máis unha das nosas parellas enfróntase a un reto físico 
Esta semana Alba S e Naiara tentaron superar o reto da ponte con depresores, pero, non volo conto, mellor mirádeo!

martes, 9 de abril de 2019

REMATANDO O PROXECTO FACENDO VISIBLES ÁS INVISIBLES

Despois de todo un trimestre traballando toca dar os últimos retoques ao proxecto deste trimestre.
Xa fomos dando conta das actividades realizadas ao longo deste trimestre. Durante estas semanas estivemos aproveitando todo o material que sacamos da entrevista con Ana María González Noya para que cada equipo desenvolvese un proxecto. 
Así, os equipos encargáronse de facer un cómic sobre a vida de Ana María, un lapbook informativo, un panel sobre a táboa periódica e, finalmente, incluila na Galipedia. 
Dentro duns días presentaremos todo o noso traballo ao resto dos compañeiros. 
De momento podedes ir abrindo boca...

miércoles, 3 de abril de 2019

CANAL DE EXPERIMENTOS O MANANTIAL: A PONTE MÁIS RESISTENTE DO MUNDO?

Novo sesión de retos físicos do noso canal.
Neste caso foi a quenda de Gabi e Rebe que tiveron unha sesión algo acidentada pero é que, a ciencia non sempre sae a primeira.

GALICIENCIA

Hoxe saiu o listado de centros admitidos para participar na edición de Maio de Galiciencia.
Noraboa a todos pola vosa adicación.
O resto desfrutaremos dun día fantástico visitando a feira.

lunes, 18 de marzo de 2019

miércoles, 13 de marzo de 2019

IMATXINA ESCOLA

Onte participamos nos talleres Imatxina escola onde traballamos matemáticas de xeito lúdico. Tivemos que enfrontarnos a diferentes retos matemáticos e poñer os nosos coñecementos a funcionar. Pasámolo moi ben. Despois de darlle tanta caña ao cerebro tocaba un pouco de descanso e, ainda que xa estamos en sexto, no fondo encántannos seguir sendo nen@s.

martes, 12 de marzo de 2019

DÍA DA MULLER: REDONDELA TAMÉN TEN NOME DE MULLER

O luns 11 seguimos coas actividades adicadas ao Día da Muller.
Se o xoves fomos nos os encargados de levar a cabo os talleres, desta volta fomos os receptores dos talleres.
Fai un tempo contactamos con Paxaretas para proporlles unha actividade para celebrar o día da Muller. A nosa idea era contar cunha membra de Xanela, a primeira organización feminista de Redondela e con outra membra de Paxaretas. Queriamos falar das motivacións para crear a organización e a asamblea e falar un pouco dos cambios ao longo destes 28 anos que separan unha asociación da outra. 
Ademais, coma levamos todo o trimestre co proxecto de "Facendo visibles ás invisibles" tiñamos unha chea de preguntas e aproveitamos a súa visita para facer un coloquio e falar de cousas que non paramos de escoitar ao noso redor coma: o patriarcado, o teito de cristal, a linguaxe inclusiva, a violencia de xénero fronte a doméstica, o feminismo liberal fronte ao radical... 

O tempo fíxesenos curto, aprendemos unha chea de cousas.  Foi unha visita moi interesante, amena e didáctica.

Moitísimas grazas a Ceci e Maica por prestarse a vir e darnos tantas facilidades. 

Un pracer compartir ese rato convosco

A NOVA HORTA ESTÁ LISTA

Despois dun meses de parón e reformas por fin temos lista a nova horta. 
Mentres, os rapaces de sexto A xa comezaron a prantar na aula para logo poder levar a horta.

lunes, 11 de marzo de 2019

SABES QUE DIN AS LETRAS DAS CANCIÓNS 2?

Seguindo o vídeo que nos mandou Rebe, hoxe atopei isto na rede feito por un instituto de Cuenca. Encantoume e non podo deixar de compartilo convosco.


https://www.facebook.com/pepa.peralta.3/videos/10215409432126863/

MULLER E CIENCIA: ACTIVIDADE PAXARETAS

Despois de recargar enerxías tras o 8M, continuamos coa programación de Marzo Muller cunha cita fundamental!! O vindeiro martes, 12 de marzo ás 20.00h, na Casa da Cultura, poderemos desfrutar da charla "Científicas da Casa: mulleres de aquí e de hoxe", a través da cal pretendemos dar visibilidade a mulleres do eido das STEM (Ciencia, tecnoloxía, enxenería e matemáticas), así coma ofrecer exemplos próximos, para que as nenas se sintan identificadas con elas, e espertar e fomentar a súa vocación polas ciencias. Agardámosvos a todas e todos!!

domingo, 10 de marzo de 2019

SABES QUE DIN AS LETRAS DAS CANCIÓNS QUE ESCOITAS?

Rebe de sexto B comparte con todos nos este vídeo con algúns dos estribillos que todos cantamos algunha vez. E hai moitas máis das que salen no vídeo: 

OS CIRCUITOS ELÉCTRICOS

En ciencias naturais estamos traballando a electricidade e o magnetismo e coma estamos seguras que o mellor xeito de aprender é aprender facendo pois puxémonos mans a obra. 
Primeiro, cada parella preparou o tema teórico. Usamos a rede para facelo. 
Coa información teórica lista chegou o momento de pasar a práctica e dedicimos unir o proxecto de naturais co de sociais así que fixemos xogos electrónicos para repasar a materia que imos traballar. Foron días intensos buscando ideas, deseñando o proxecto, facendo as maquetas, cableado... pero, despois de moito traballo e algunhas frustacións conseguimos sacar adiante as nosas maquetas.


En sexto A tamén fixeron xogos electrónicos pero eles fixeron maquetas relacionadas co proxecto de Facendo visibles a invisibles e ademais tiveron a sorte de ter un axudante de luxo, o pai de Alba Iriarte que se prestou a acompañarnos e guiarnos durante todo o proceso. 
MOITAS GRAZAS!!!

sábado, 9 de marzo de 2019

TALLERES PARA O DÍA DA MULLER

Os alumn@s de sexto fomos os encargados de levar a cabo as actividades para conmemorar o Día da Muller. 
Fixemos talleres dende Infantil ata 4º de primaria, adaptados a idade dos nen@s e nos que participamos todos os equipos que temos para o proxecto "Facendo visibles as invisibles".  
A preparación dos talleres foi express porque nos pillou en medio do entroido e do noso propio proxecto de aula, inda así, unha vez máis temos que darvos a noraboa a todos porque o fixéstedes xenial.

NON PODEMOS ESTAR MÁIS ORGULLOSAS!!!

 



viernes, 8 de marzo de 2019

DÍA DA MULLER

Hoxe estamos de folga. O artigo foi elaborado o xoves 7 e programado para publicarse o día 8

Pero non podiamos deixar de compartir algunhas cousas das que circulan pola rede e que dan que pensar. Comezamos con este vídeo onde unha científica "desmonta o feminismo", non estamos para nada dacordo co que aquí nos contan pero está moi ben para que o vexades e poidamos debatir o luns.  Tede en conta que os científic@s tamén son persoas e, polo tanto, as súas investigacións sempre estarán condicionadas pola súa forma de pensar. E un pouco longo e esta substitulado pero non ten desperdicio.


Agora vexamos outro experimento científico onde nos conta todo contrario:
https://www.facebook.com/elcerebrodelnino/videos/2275185516065957/


E se deixamos a ciencia e analizamos datos: https://www.eldiario.es/economia/datos-ir-huelga-feminista_0_874913249.html

Pero, fagamos un pouco de historia:

Aquí están os datos, vosas as conclusións.

DÍA DA MULLER!!!

martes, 5 de marzo de 2019

lunes, 4 de marzo de 2019

E CHEGOU O DÍA, ENTREVISTAMOS A ANA MARÍA GONZÁLEZ NOYA

Despois de ler máis dun mes traballando no proxecto "Facendo visibles ás invisibles" chegou o gran día, entrevistamos a Ana María González Noya. 
Concertamos unha cita para facer unha videoconferencia. Ao principio tivemos algúns problemiñas porque marchou a luz e non puidemos comezar á hora acordada.
Cada vez estabamos máis nervosos. As representantes de cada grupo ensaiaron unha e outra vez as preguntas ata que chegou o gran momento.
Temos que dicir que Ana María foi moi amable, contestou a todas as nosas preguntas e, ademais, presentounos a Rosa Pedrido, a súa compañeira de departamento.
Foi un pracer charlar con elas e estamos seguros que non será o único contacto que teñamos.

MOITÍSIMAS GRAZAS ANA MARÍA E ROSA POLA VOSA ATENCIÓN, UN VERDADEIRO PRACER CHARLAR CONVOSCO.

sábado, 2 de marzo de 2019

E CHEGOU O ENTROIDO

O entroido é unha das festas que máis nos gusta. Preparamos coreografías, deseñamos e facemos os nosos disfrazaces, preparamos a pancarta...

E, cando chega o día, pasamos un día de festa. Comemos todos xuntos no cole, temos todo o cole para nos, xogamos, bailamos e pasámolo en grande ata o momento de prepararnos para o desfile.
Despois das fotos de rigor comeza o desfile e, un ano máis, pasámolo xenial.
Ao final sempre estamos cansos de tanto bailar pero cheos de diversión. 
De feito, ao chegar ao cole inda fixemos unha batalla de baile final coa ANPA. 
XENIAL RAPAZADA!!! UN GUSTAZO IR DE FESTA CONVOSCO!!!

viernes, 1 de marzo de 2019

RECURSOS PARA O DÍA DA MULLER

Aquí vos deixamos algúns recursos interesantes para coñecer a algunhas das mulleres que teñen un papel destacable na ciencia.

10 mulleres de ciencia que debería coñecer (clica na imaxe)
15 referentes STEM femininos:
VÍDEOS:

 E, por suposto, todo o voso traballo: https://omanantial.blogspot.com/search?q=FACENDO+VISIBLES

Lembrade tamén que tedes un xogo de Scracth que colgamos o día da muller e nena na ciencia.

jueves, 28 de febrero de 2019

miércoles, 27 de febrero de 2019

FACENDO VISIBLES ÁS INVISIBLES 5

A semana pasada ultimamos detalles para levar a cabo a entrevista a Ana María González Noya. Os equipos encargáronse de facer as preguntas e despois de facer unha posta en común escollemos ás que máis nos gustaron. Despois preparamos unha entradilla e a despedida.

E así nos quedou:


ENTREVISTA A ANA MARÍA GONZÁLEZ NOYA

Presentación:


            Bos días Ana María:
            Somos… en representación dos 30 alumn@s de sexto que estamos levando a cabo este proxecto.
            Despois de  poder contactar con vostede é un honor poder tela cara a cara para poder facer esta entrevista que tanto esperamos. Tamén queremos darlle as grazas por facernos un oco na súa apreta axenda.
            No noso centro temos un proxecto sobre a física e a química. As profes dixéronnos que escolleramos unha científica galega e nos escollemola porque:

-          buscabamos unha muller  galega que fose especialista en ciencia e xénero
-          debía ser alguén relacionado co campo da química ou da física
-          e ademais debíamos ter en conta que este ano é o 150 aniversario da táboa periódica.
 E cremos que vostede é a persoa máis axeitada.
            Sen máis, se vostede nos da permiso podemos comezar.



1.      Cando naceches e onde?

2.       Houbo algún antecedente familiar que se adicase á química?

3.      Tiveches apoio da túa familia á hora de escoller unha carreira de ciencias?

4.      Sendo docente e investigadora, podes compaxinar a túa vida laboral coa familiar?

5.      Cantos horas lle adicas ao teu traballo diariamente?

6.       Algunha vez te menospreciaron polo feito de ser muller?

7.       Cantas mulleres érades na carreira?

8.       Alguén che dixo que elexiras outra carreira polo feito de ser muller?

9.      Estas dacordo coa pariedade?

10.  Que debe facer a escola para que as rapazas sigan a súa vocación sen ter en conta o sesgo de xénero?

11.  Dende a perspectiva de xénero onde percibiches maiores diferenzas, en Galicia ou Londres?

12.  Que che impulsou a involucrarse nun proxecto de ciencia e xénero?

13.  Que te move para crear material didáctico?

14.  Que proxectos tes en mente para o futuro?

15.  Cal foi o maior desafío científico ao que te afrontaches?

16.  Tes algunha actividade en mente para celebrar o 150 aniversario da táboa periódica?

17.  Que lle parece que uns estudantes de educación primaria esteamos a facer un proxecto sobre muller e ciencia?




DESPEDIDA:
            Agora que xa temos algo máis de información sobre vostede gustaríamos poder usala para diferentes actividades, entre elas queriamos facerlle un artigo na Galipedia se nos da o seu permiso (esperar a resposta), tamén, se non lle importa, gustaríamos seguir en contacto con vostede para completar a información e para darlle conta das actividades que vaiamos levando a cabo. Grazas pola súa atención, esperamos que este non sexa o último contacto que teñamos con vostede.
ABURIÑO