martes, 30 de octubre de 2018

CELEBRAMOS O DÍA DA BIBLIOTECA

Este ano sexto B foi o encargado de festexar o Día da Biblioteca.
Aproveitamos esta data para comezar o noso traballo ao redor de Verne. Investigamos na rede e, por equipos, preparamos unha presentación breve para explicarlle ao resto dos nosos compañeiros do cole quen era este escritor.
Con todo listo, cada equipo encargouse de pasar por 3 clases e alí facer unha presentación oral das súas pescudas e fixérono realmente ben!!!
Aquí tedes un resumo da presentación dos distintos equipos.

BRAVO RAPACES!


E aquí tedes os preparativos e a visita polas aulas.

lunes, 29 de octubre de 2018

VISITAMOS O CASTELO DE SOUTOMAIOR

En ciencias sociais comezamos o temario pola parte da historia. Rematamos quinto na Idade Media e nese punto arrancamos en sexto. Tiñamos pendente dende o curso pasado visitar o castelo de Soutomaior. 
O noso guía contounos unha chea de cousas e desfrutamos visitando as estancias do castelo e vendo os seus cambios ao longo da historia.
Despois da visita guiada paseamos polos xardíns.
Foi unha mañá moi interesante e onde aprendemos unha chea de cousas!!!

miércoles, 24 de octubre de 2018

A BOTELLA LINGÜÍSTICA

Este ano temos un gran reto por diante que é traballar lingua de xeito máis práctico e ameno, xa que é a materia que menos nos gusta.
Así que, de cando en cando, pasan cousas coma esta. Xogástedes algunha vez ao xogo da botella? Seguro que sí, e agora mesmo estaredes pesando que, coma é posible que a mestra deixe xogar a botella no cole?
Mellor vémolo para que o entendades.

jueves, 18 de octubre de 2018

JULES VERNE

Iniciamos unha nova aventura. O vindeiro día 24 de outubro imos participar na lectura colectiva da obra de Verne 20.000 leguas de viaxe submarino  para celebrar o 150 aniversario da chegada do Nautilius a Ría de Vigo, e aproveitando a ocasión imos a achegarnos a Verne que, ademais de ser un escritor fantástico, nos seus libros describiu aparellos prodixiosos que remataron sendo realidade moitos anos despois.
Verne puido facer isto porque tiña moitos coñecementos científicos, sobre todo, relacionados coa física.
Para aprender máis aquí vos deixamos unha webquest coa que imos traballar estes días.

http://www.animalec.com/wq/julioverne/tarea1.htm

miércoles, 17 de octubre de 2018

NOVOS RECURSOS

No apartado da expresións escrita en recursos xa hai unha chea de material para traballar poesía. Non vos esquezades de pasar por alí.



jueves, 11 de octubre de 2018

lunes, 8 de octubre de 2018

RECURSOS

Este ano queremos que vos sexa máis sinxelo usar o espazo de recursos para repasar e traballar na casa. Estamos barallando diferentes opcións. Ter un site para cada asignatura ou probar cun wix coas materias onde teñades todo recollido. 
Aquí vos deixamos unha proba do wix para que naveguedes, probedes e nos deades a vosa opinión. Inda non hai recursos de todas as materias pero xa vos serve para darvos unha idea de coma estarían organizados.
Esperamos as vosas impresións para seguir mellorando. Clica na imaxe e xa iredes ao wix.

https://omanantialsantopai.wixsite.com/misitio

A REPRODUCCIÓN HUMANA

Comezamos novo tema. Un tema apaixoante e moi importante no momento vital no que vos atopades. E tempo de ler, investigar e aprender. De seguro que unha chea de preguntas rondan polas vosas cabezas por iso é necesario coñecernos ben para entender todo o que acontece.




O outro día vimos un vídeo na aula sobre o que nos esta pasando. Aquí vos deixamos o vídeo completo para que lle botedes un vistazo con calma.

¿Que me esta pasando? from zumkat on Vimeo.

Agora é tempo de traballar. Aquí tedes material para iniciar o proxecto.
Para comezar:
SISTEMAS DE REPRODUCCIÓN HUMANA
LA REPRODUCCIÓN
TEMA DA REPRODUCCIÓN COMPLETO
REPRODUCCIÓN HUMANA
PUBERTADE MASCULINA 
PUBERTADE FEMININA
SISTEMA REPRODUCTOR FEMININO 
9 meses en catro minutos
FECUNDACIÓN Y REPRODUCCIÓN
LA REPRODUCCIÓN HUMANA HAPPY LEARNING
LA REPRODUCCIÓN VIDEOPROFE
LA MENSTRUACCIÓN 
LA FECUNDACIÓN 
8 COSAS INCREÍBLES QUE UN BEBÉ .......

Para practicar na casa e repasar:
RECURSOS ANAYA 
LAS PERSONAS CAMBIAN
LOS CARACTERES SEXUALES
CARACTERES SEXUALES
APARATO REPRODUCTOR FEMENINO
APARATO REPRODUCTOR MASCULINO
LA FECUNDACIÓN
EL EMBARAZO



jueves, 4 de octubre de 2018

FESTA DO EQUINOCIO II

Ademais dos talleres de cociña, na nosa festa houbo moitas outras actividades. 
A profe Luisa encargouse de preparar dous talleres para facer xabóns e perfumes, por outra banda, os alumnos que xa sabían ensinaron aos seus compañeiros a facer pulseiras de macrané. Plantamos plantas aromáticas grazas a Guille, fixemos unha carreira por relevos de dicionarios buscando termos relacionados co outono e, finalmente,  unha busqueda do tesouro otoñal. 
Unha chea de actividades para celebrar o equinocio de outono pero, sobre todo, a volta ao cole.
 Aquí tedes un resumo.

miércoles, 3 de octubre de 2018

FESTA DO EQUINOCIO DE OUTONO I: TALLER QUÍMICO DE COCIÑA

A semana anterior celebramos a festa do equinocio de outono pero a nosa festa non foi coma a do ano pasado. Fixemos unha chuvia de ideas entre as dúas clases e unha das cousas que querían facer na festa era comer pero, "coma o pan hai que gañalo" preparamos un taller de cociña moi especial.
Un día antes de cociñar fixemos un xogo por equipos onde lendo diferentes textos, cada equipo tiña que descubrir cal ia ser a receita que ían cociñar e que procesos químicos se puñan en marcha cando faciamos a receita.
Chegou o día e puxémonos mans a obra. Cociñamos e, por suposto, comemos!!!

SCRATCH DAY

O vindeiro 20 de outubro terá lugar na Cidade da Cultura o IV Scratch Day, organizado polo CPETIG coa colaboración da Amtega, dirixido a escolares de entre 7 e 15 anos que deben asistir acompañados polo seu pai ou nai. Nesta edición, a rapazada aprenderá a programación dun videoxogo no ordenador. Solicitamos a maior difusión posible entre o alumnado. As familias interesadas poden inscribirse en http://scratchday.cpetig.gal

O IV Scratch Day ten como obxectivo difundir os valores da programación informática entre os nenos e os seus pais, de xeito que os participantes poden acceder ao mundo da programación de forma lúdica e divertida, tomando conciencia da potencia desta ferramenta como medio de expresión de ideas e vehículo para o emprendemento. Asemade, o CPETIG pretende que esta iniciativa contribúa a eliminar mitos en relación á programación informática e a superar desde a infancia os estereotipos de xénero sobre este área do coñecemento, difundindo as posibilidades que ofrecen as TIC e reducindo a fenda dixital.

O CPETIG concibe esta formación no contexto da familia por considerar decisiva a implicación dos pais e as nais neste ámbito, como apoio e motivación para que os seus fillos se sintan atraídos cara á programación informática, de xeito que esta actividade non sexa unha excepción, senón o principio dun labor a seguir no fogar.

Requerimentos
A sesión estará dedicada á programación de videoxogos, sendo preciso que os asistentes leven o seu portátil, xa que non serven tablets ou smartphones.
A formación do Scratch Day será impartida pola Asociación Programamos, dedicada a promover o desenvolvemento do pensamento computacional en todas as etapas escolares, a través da programación de videoxogos e aplicacións para móbiles.

OS REIS CATÓLICOS

Aquí tedes máis vídeos sobre o comezo da Idade Moderna