miércoles, 26 de septiembre de 2018

SEXTO E O TRABALLO EN EQUIPO

Cremos firmemente que a unión fai a forza por iso insistimos unha e outra vez que o traballo en equipo fainos mellores, máis competentes e mellora as nosas relacións.
E puidemos comprobalo con diferentes dinámicas que levamos a cabo fai uns días. Tratábase de xogar e pasalo ben pero no fondo o noso obxectivo era amosar que necesitamos aos demais moito máis do que cremos.
Comezamos xogando individualmente, xogamos a pedra, papel, tesoira pero incorporando unha variante. Todos eramos pitiños pero o gañador volvíase mono, e os monos so podían xogar con outros monos. Os monos volvíanse homes ao gañar e debían buscar outros homes cos que xogar. Finalmente, os gañadores entre homes volvíanse SUPERHOMES. 

Un superhome pode coller unha pelota que está no medio dun cadrado sen pisar os bordes do mesmo?

Despois de descubrir que o superhome precisa dos demais, é posible pasar unha pelota de pin-pon dun vaso a outro se usar as mans e onde cada membro do equipo teña unha labor?

E agora que sabemos que podemos repartir tarefas, poden uns fídeos finos e endebles soster unha nube de gominola sen romper e manténdose en equilibro?

INDIVIDUALMENTE SOMOS UNHA PINGA PERO XUNTOS, FORMAMOS UN OCÉANO!!!

NON O ESQUEZADES!

No hay comentarios:

Publicar un comentario