miércoles, 26 de septiembre de 2018

SEXTO E O TRABALLO EN EQUIPO

Cremos firmemente que a unión fai a forza por iso insistimos unha e outra vez que o traballo en equipo fainos mellores, máis competentes e mellora as nosas relacións.
E puidemos comprobalo con diferentes dinámicas que levamos a cabo fai uns días. Tratábase de xogar e pasalo ben pero no fondo o noso obxectivo era amosar que necesitamos aos demais moito máis do que cremos.
Comezamos xogando individualmente, xogamos a pedra, papel, tesoira pero incorporando unha variante. Todos eramos pitiños pero o gañador volvíase mono, e os monos so podían xogar con outros monos. Os monos volvíanse homes ao gañar e debían buscar outros homes cos que xogar. Finalmente, os gañadores entre homes volvíanse SUPERHOMES. 

Un superhome pode coller unha pelota que está no medio dun cadrado sen pisar os bordes do mesmo?

Despois de descubrir que o superhome precisa dos demais, é posible pasar unha pelota de pin-pon dun vaso a outro se usar as mans e onde cada membro do equipo teña unha labor?

E agora que sabemos que podemos repartir tarefas, poden uns fídeos finos e endebles soster unha nube de gominola sen romper e manténdose en equilibro?

INDIVIDUALMENTE SOMOS UNHA PINGA PERO XUNTOS, FORMAMOS UN OCÉANO!!!

NON O ESQUEZADES!

martes, 25 de septiembre de 2018

SABEDES CAL É A DIFERENZA ENTRE FÍSICA E QUÍMICA?

Arrincamos proxecto deste curso facendo un pequeno xogo na aula. Tiñamos diferentes textos divididos por partes. Cada texto explicaba algunhas cousas sobre a física e a química. Cada un de nos foi buscando as partes que faltaban do seu texto e que tiñan outros compañeiros. 
Cos textos completos, cada equipo explicounos de xeito oral do que trataba o mesmo. 

viernes, 21 de septiembre de 2018

A QUÍMICA DOS ALIMENTOS

Xa vimos que a cociña é coma un gran laboratorio onde non paran de suceder reaccións e alteracións químicas moi interesantes pero, os alimentos por si mesmos teñen química? Hai alimentos naturais e alimentos químicos? Debemos comer so dos primeiros?

Neste vídeo tedes unhas poucas curiosidade sobre a química alimentar.


jueves, 20 de septiembre de 2018

PREPARANDO O EQUINOCIO: UN MENÚ MOI QUÍMICO

Empezamos o curso coma nos gusta, celebrando unha festa!!! 
O sábado entramos no outono e esta nova estación traerá consigo unha chea de cambios no medio que nos rodea. Para celebrar a chegada desta estación A e B reuníronse e fixeron propostas. Estudiadas todas e tendo en conta que o tema deste curso é Física e Química, decidimos levar a cabo varios talleres. Un deles é o de cociña. 
Imos facer un delicioso menú  que non so vai encher os nosos estómagos senón tamén as nosas mentes, xa que hoxe descubrimos que a cociña é un gran laboratorio cheo de reaccións e alteracións da materia.
Moitos quedástedes con ganas de saber máis. Pois aquí o tendes a primeira parte!!!

OS FLOCOS DE MILLO


Alguén quería ver coma era o proceso de explosión do floco de millo, tamén o temos:
O FLAN

sábado, 15 de septiembre de 2018

OBRADOIRO GRATUITO DE ROBÓTICA

Trátase de obradoiros tecnolóxicos (audiovisual e robótica) para nenos e nenas de 7 a 15 anos, que xa percorreron con éxito diferentes vilas da nosa comunidade.
Non é necesario ser cliente R para poder gozar deste obradoiro.
Obxectivo
Que os nenos e as nenas desenvolvan a creatividade e aprendan a traballar en equipo. Crearán un prototipo tecnolóxico, utilizando placas e materiais de refugallo.
Convoca
Empresa R. Colabora Líbolis, Escuela de Valientes, cun método que potencia o espírito emprendedor dos máis pequenos e pequenas a través do xogo.
Inscrición
Cada obradoiro está limitado a 20 participantes.
Contacto:

viernes, 14 de septiembre de 2018

UN ANO CHEO DE FÍSICA E QUÍMICA

Un novo curso comeza. 
Estes son días de reencontro e ilusión polos novos proxectos. 
Para a profe Luisa e para min e un auténtico pracer recibirvos e iniciar con vos un curso importante, pois este é o voso derradeiro ano no cole de Reboreda. Esperamos estar a altura do que merecedes e que xuntos poidamos facer que este sexa un bo remate a esta primeira etapa escolar.
Comezamos decorando a aula e buscando frases que nos sirvan de inspiración para a vida.

BENVIDOS A E B!!! 

 

martes, 11 de septiembre de 2018

TODO LISTO! UN NOVO CURSO COMEZA

Ola a todos!!!
Rematan as vacacións e comeza unha nova aventura no cole de Reboreda.

Estamos desexando vervos!!!  

Xa está todo listo, so faltades vos! 

E para comezar con ganas, tedes que buscar e traer a escola 3 obxectos relacionados con este verán!!! Poñede as cabezas a traballar.