jueves, 1 de febrero de 2018

E EN MAIO: GALICIENCIA

Este ano Galiciencia está adicada ao cambio climático. 
Despois de visitar Meteogalicia e traballar sobre o clima na aula, pensamos que é unha boa idea participar nos desafíos. 
Hai 4 desafíos. Os 3 primeiros fanse a través da rede en equipos de 3 persoas.  Logo escóllense tres equipos finalistas que compiteran o 11 de maio na feira.
 O primeiro desafío consiste en facer un vídeo dando o parte metereolóxico de Redondela e falando do clima. O vídeo non pode durar máis de tres minutos.
 Se clicades na imaxe tedes todas as instruccións ao voso dispor. 

http://atrevetecocambioclimatico.galiciencia.com/wp-content/uploads/2018/01/Atrevete-co-cambio-clima%CC%81tico_-Desafi%CC%81o-1.pdf

 Pero, ademais, na páxina de Galiciencia, no apartado dos desafíos tedes información que podedes empregar para superar os retos. Botádelle un ollo.

ÁNIMO E ADIANTE!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario