lunes, 19 de febrero de 2018

CONCURSO DE RELATO CURTO

No seguinte enlace tedes as bases para VI CONCURSO DE RELATO CURTO.
Antes de volvervos tolos facendo un relato quero darvos unhas pequenas indicacións que poden axudarvos a facer os vosos relatos:

1. Escollede un tema que vos guste. Non importa se facedes moitos borradores ou cambiades de idea. A idea do voso relato ten que gustarvos a vos dende o principio ata o final. Senón desbotala e buscade outro. É fundamental que a idea vos guste.

2. Que queredes conseguir co relato? O lector se ría, que chore, que esté intrigado de principio a fin, que pase medo, denunciar un tema... Saber o efecto que buscades cambia o xeito de escribir por iso debedes ter claro que é o que queredes.

3. En que persoa vas a escribir? Es o protagonista? Un narrador externo?

4. Decide o final. Si, pensa no final da túa historia antes de escribila, iso fará que as túas letras te leven onde queiras ir con maior coherencia.

5. O principio engancha. Un bo comenzo marca a diferencia entre que o teu lector queira seguir lendo ou pase da túa historia así que pensa coma comenzar de xeito impactante.

6. E agora escribe!!! Fai, refai, déixao estar se non sae e volve a el todas as veces que o necesites ata que a historia sexa túa.
 
E aquí vos deixo algúns microrelatos preciosos para inspirarvos:


El Pozo, de Luis Mateo Díez

Mi hermano Alberto cayó al pozo cuando tenía cinco años. Fue una de esas tragedias familiares que sólo alivian el tiempo y la circunstancia de la familia numerosa. Veinte años después mi hermano Eloy sacaba agua un día de aquel pozo al que nadie jamás había vuelto a asomarse. En el caldero descubrió una pequeña botella con un papel en el interior. “Este es un mundo como otro cualquiera”, decía el mensaje.

El dedo, de Feng Meng-lung

Un hombre pobre se encontró en su camino a un antiguo amigo. Éste tenía un poder sobrenatural que le permitía hacer milagros. Como el hombre pobre se quejara de las dificultades de su vida, su amigo tocó con el dedo un ladrillo que de inmediato se convirtió en oro. Se lo ofreció al pobre, pero éste se lamentó de que eso era muy poco. El amigo tocó un león de piedra que se convirtió en un león de oro macizo y lo agregó al ladrillo de oro. El amigo insistió en que ambos regalos eran poca cosa.
-¿Qué más deseas, pues? -le preguntó sorprendido el hacedor de prodigios.
-¡Quisiera tu dedo! -contestó el otro.

Pedro Ugarte

(Los libros, los cigarrillos, tu hijo y sus juguetes, el rostro de tu esposa)
Estás en casa, y es de noche, y apagas la última luz. Qué extraño: de pronto todo desaparece.


¡Adiante, meus valentes!
—¡Quero unha metralladora do 50 nese petouto, e quéroa para onte! —berraba o tenente Buller.
—¡Señor! —replicou o sarxento Williams—. ¡Estanos esmagando! ¡Deberiámonos retirar agora mesmo...! ¡É unha masacre!
—¿Baterse en retirada...? ¡Endexamais! ¡Temos que resistir! As ordes son defender a posición, ata a derradeira pinga de sangue.
—¡Señor! —interveu o oficial de comunicacións—. Non podo contactar, a radio está feita unha merda.
—¡Tenente —insistiu o sarxento—, sen reforzos non poderemos aguantar moito máis! ¡Achégase unha columna de panzers..., e vannos dar polo cu!
—¡Raios! —maldiciu o tenente.
—¡Mirade aló! —gritou emocionado un fusileiro mentres sinalaba un barco pirata achegándose a toda vela e rompendo as liñas inimigas.
—¡Abride as troneiras! ¡Preparade os canons! —gritaba o capitán Barbanegra, repartindo ordes, a babor e a estribor.
Namentres, polo sueste...
—¡A carga! —Ordenou a toque de corneta un tenente do sétimo de cabalería, un tanto despistado e que aínda non tiña moi claro a que bando prestarlle os seus servizos.
E xusto entón, canda a liorta atopábase no momento decisivo, xusto cando estaba a piques de entrar en escena un destrutor espacial, entre bufos, e alentado polo buligar dun axóuxere, foi entón, nese preciso intre...
—!Lucas, recolle os xoguetes..., agora! ¡E ven xantar!
—¡Un segundiño! —dixo, e logo rexoubou: «¿Recollelos? Hai veces en que unha nai non se decata do que está a dicir. O mundo está en perigo; alguén ten que salvalo, e iso é cousa de Lucas... ¡non hai tempo que perder! ¿Por qué as nais non son quen de entendelo...? ¡Por Deus...!, a miña nai non é consciente... ¡Rapaces, polo de agora a batalla queda en pausa! Seguimos de contado...»

No hay comentarios:

Publicar un comentario