viernes, 12 de enero de 2018

ROBÓTICA

Empezamos a traballar co proxecto de robótica. Calquera de vos, inda que non teña o robot fisicamente, pode comezar a programar usando o software que ben co mbot. Ese software funciona coma Scratch, que é un sistema de programación en código ou bloque, coma o sistema que usamos en "A hora do código", ou na parte de programación que tedes en Khan Academy. Para poder programar na casa e facer as vosas pescudas tedes que instalar o software. Clicando no oso xa vos leva a dirección web da que o podedes descargar.  
Na paxina está en inglés pero cando o descarguedes xa lle podedes cambiar o idioma e poñelo en castelán.
http://www.mblock.cc/software/?noredirect=en_US

 Aquí vos deixo a primeira clase, que foi bastante teórica. Pegádelle un repaso porque a partir da vindeira semana comezamos coas prácticas.

https://issuu.com/nivecaro/docs/introducci__n_a_la_rob__tica_1.pptx

Para traballar na casa aquí tedes unhas indicacións moi sinxelas de como facelo:
 https://www.makeblock.es/soporte/mblock/

No hay comentarios:

Publicar un comentario